O CD Lugo B xogará contra o Antas a final da Copa Deputación

San Lázaro e CD Lugo B disputaban a semifinal que daba acceso á final da Copa Deputación, onde xa agardaba o Antas, que pechara o seu pase xa a pasada fin de semana.

O partido comezou ben para o filial lugués, máis acertadas que as xogadoras do San Lázaro, que semellaban acusar os nervios de atoparse nunhas semifinais. Nos primeiros intres do xogo, Nekane abriu o marcador cun tiro dende a banda esquerda que entrou á portería pola escadra. Xiana puxo o segundo para as luguesas no minuto 17 e, no 24, Ánxela ampliaba a renda luguesa xa aos 3 goles.

Once inicial do CD Lugo B. Foto cedida

Aínda que xa co 0-3 no marcador o San Lázaro tivo os seus mellores minutos de xogo e algunha ocasión clara e polémica, foi Blanca quen puxo a guinda goleadora das albivermellas no 43 cun gol dende fóra da área (0-4). Unha primeira metade de moito ritmo e goles que non continuou nos segundos 45 minutos, nos que ambos equipos baixaron o ritmo e apenas se viron ocasións de gol, malia que o San Lázaro conseguira mellorar o seu xogo.

A vitoria das albivermellas lévaas ata a final. O vindeiro domingo (A Medela, Taboada; 12.00h), SD Antas e CD Lugo B mediranse na busca do trofeo da Copa Deputación.

máxicos primeira penalti

As gañadoras do «Premio Torre de Núñez» do mes de abril e maio

Por segunda vez no que vai de ano, Jenny, da SD Antas, fíxose co premio Torre de Núñez a mellor xogadora do mes de abril.

No galardón correspondente a maio, a premiada foi a xovencísima perla do PM Friol B, Raluca.

O CD Lugo B xogará contra o Antas a final da Copa Deputación

Diario dun Mercado. Episodio 463

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *