#Fútbol afeccionado #Primeira Futgal

Dumi (Castro): «Aos xogadores dígolles que fan milagres»

Dumi, adestrador do Castro

O Castro conseguiu unha gran eliminatoria ante o Polígono San Ciprián na que puido gañar os dous encontros para pasar á final polo ascenso á Preferente tras descender na pasada campaña á Primeira Futgal. O seu rival é o Alertanavia, conxunto vigués, e o primeiro encontro do cruce xogarase no Arturo Pereiro este domingo ás 18.00 horas, mentres que a volta será en Vigo a fin de semana que vén. O regreso tras só unha tempada na Primeira está máis preto ca nunca.

O líder do proxecto no banco é Diego Pardeiro ‘Dumi’. O técnico está na súa primeira tempada coma adestrador no que foi o clube da súa vida coma xogador. O mediocentro pasou polos micrófonos do Ser Deportivos Lugo desta semana e enfrontáronse ás preguntas de Álex Gato, presentador do programa, e Eros López, redactor de Futbolinlugo. Na entrevista falaron do pasado enfrontamento, o estado anímico do equipo, os perigos do Alertanavia, a chave da tempada e a afección.

Anterior enfronatemento: «No partido de ida logramos un bo resultado pese a que tiveron boas oportunidadess. Eran un equipo moi duro que coñecíamos ben, moi físico e que nos puxo as cousas moi difíciles. No partido de volta fomos mellores e o gol pronto deunos moito control».

«O Castro tivo problemas de lesións e motivos laborais»

Estado de ánimo: «Levamos un par de meses con xente tocada e con problemas por motivos laborais. O noso cadro ten xa unha idade e hai temas que nos mermaron moito. Esta semana poderíamos estar con case todos os xogadores do Castro, menos os que teñen lesións longas».



Perigos do Alertanavia: «Polo que puiden ver, é un equipo moi novo moi combinativo. Recórdame pola idade dos xogadores a equipos filiais debido a que intentan xogar moito e propoñer moito. Ademais, teñen un dianteiro que supera os trinta goles na competición polo que teremos que ter un ollo en el».

Chave da tempada: «Aos xogadores a veces dígolles que fan milagres. Hai partidos nos que estivemos poucos onde a xente con nivel e experiencia en este tipo de partidos axúdache moito para seguir dando pasoso e continuar a mellorar».

Afección: «Véxoos ben. Na anterior eliminatoria desprazouse un grupo de afeccionados e esperamos que este domingo o campo poida estar cheo. É un partido fermoso para todos aos que lles guste o fútbol aínda que non sexan do Castro».



Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *