O Iberia celebra o seu ascenso

O Iberia consigue ascender á Primeira Futgal

O Iberia conseguiu facerse co campionato da Segunda Futgal grupo Sur tras vencer nunha auténtica final por ven que se facía co ascenso á Primeira Futgal tras vencer por 3-1 ante o Celta Barreiros. Os de Moro fixeron unha tempada na que o grupo sempre estivo preparado para erguerse ante todas as adversidades e amosaron as súas grandes fortalezas, sendo o equipo que menos goles encaixou na tempada.

Unha auténtica final na última xornada

O último encontro da tempada para o Iberia foi unha final. Moro, adestrador do equipo, afirma que «o estadio estaba espectacular. Había un ambientazo con moita xente apoiando pese á hora, que coincidía co Clásico». Ao longo do encontro o técnico afirma que «había moitos nervios e tramos para o Celta Barreiros, que fixo un entramado táctico moi bon. Con axustes empatamos e logo Alonso salvounos. Na segunda fomos superiores e puidemos gañar«.

Co pitido final do colexiado do encontro todo foi unha festa na que o Iberia foi «a lo loco». Pero o que mandou na celebración do Iberia foi a gran relación e respeto existente entre ambos clubes. «Eles fixeron o pasillo e non sabíamos que nos daban a copa de campións. Había unha gran amizade con moitos deles, xa que somos da mesma zona e moitos coincidimos en momentos das nosas carreiras e foi un gran xesto entre todos», afirmou Moro.

Un Iberia preparado para as adversidades 

«A chave penso que foi o grupo que temos que se levantou ante as adversidades, sobre todo coas lesións, levantámonos con moitos apoiándonos», afirmou o técnico do Iberia. Moro engadiu que «estabamos nunha gran dinámica e o estilo estaba xa presente inda perdendo a xogadores de gran importancia. Cando vas gañando encontros importantes coma Ríotorto ou Folgueiro, iso reforza o noso traballo. Pasamos un baixón importante en xaneiro e pese a eso continuamos. Entrenabamos nun aparcamento e outra vez demostramos a nosa fortaleza defensiva«.



Sobre a tempada que vén, Moro afirma que «O sábado temos a cena coas multas. A partir da semana que ven comezaremos a mirar o proxecto. O bon é que acabamos a tempada pronto e podemos ir con moita calma para dar os pasos axeitados. Temos que apuntalar cousas para non acusar os baixóns con derrotas que che instalen na zona baixa«.

O Iberia consigue ascender á Primeira Futgal

Diario dun mercado. Episodio 458

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *