#Social #All Star Futbolinlugo

O All-Star Futbolinlugo alcanza a súa quinta edición

V All-Star Futbolinlugo arturo

O All-Star Futbolinlugo alcanzará a súa quinta edición neste 2025 o sábado 28 de xuño no campo da Cheda en Lugo. Os mellores xogadores dos equipos da provincia batiranse en duelo para ver que equipo é mellor en dous partidos vibrantes que conforman un evento no que haberá concursos e moitas sorpresas. Todo un clásico que xa cumple cinco anos e que sigue conformando a gran festa do fútbol lucense no peche da tempada.

As maiores estrelas do noso fútbol

Dous encontros frenéticos serán os platos fortes do evento. O primeiro será o encontro femenino ás 16.30 horas, onde as mellores 16 xogadoras de Lugo Norte enfrontaranse ás de Lugo Sur nun encontro trepidante. Despois chegará o turno do encontro masculino, ás 19.45 horas, onde xogadores de Preferente e Terceira Futgal enfrontaranse aos de Primeira e Segunda Futgal, oito por cada unha das categorías.

Ademais, entre os dous encontros haberá varios concursos a partir das 18.30 horas que definiremos en moi pouco tempo e nos que poderá participar toda a comunidade do fútbol lucense. O evento seguirá sendo a gran festa do deporte na provincia e terá moitas sorpresas e homenaxes a grandes figuras que fan da nosa paixón algo moito máis grande. Os xogadores tamén contarán coa atención dun fisioterapeuta de En Boas Mans todo o tempo

Moito que decidir para a comunidade de Futbolinlugo

Como sempre no All-Star, os lectores de Futbolinlugo tedes unha gran parte da toma de decisións da festa do fútbol lucense. Dous adestradores escolleraos Futbolinlugo, pero os outros dous decidirédelos vós e a votación xa está aberta. Se na votación se alcanzan os mil votos, teremos preparado un sorteo moi especial para todos vós!



Gardamos moitas cousas que farán deste quinto aniversario a edición máis especial do All-Star Futbolinlugo ata o momento. Esperámosvos na Cheda para desfrutar dunha paixón común entre todos os que conformamos o fútbol lucense.

O All-Star Futbolinlugo alcanza a súa quinta edición

Os Máxicos xa teñen campión

O All-Star Futbolinlugo alcanza a súa quinta edición

A SD Antas certifica con vitoria o

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *