O Atlético Escairón recibe ao Ribadeo este domingo no Municipal do Saviñao ás 17.00 horas nun derbi da Preferente no que hai moito en xogo. O conxunto que dirixe Brais Prados chega necesitado, pero con boas sensacións grazas a bos partidos ante Dubra e Lalín. O Ribadeo en cambio necesita gañar para alonxarse dun descenso que xa só está a catro puntos despois da boa xeira de resultados do Val. Moitas das opcións de salvación de ambos pasan por conseguir os tres puntos no derbi.
A brúxula do Atlético Escairón está sendo Xoel Irimia. O sarriao está a vivir a súa primeira tempada na Preferente tratando de axudar aos do Saviñao a conseguir a salvación. O mediocentro pasou polos micrófonos do Ser Deportivos Lugo desta semana e enfrontouse ás preguntas de Álex Gato, presentador do programa, e Eros López, redactor de Futbolinlugo. Na entrevistan falaron das dificultades para a permanencia, de como estaba afrontando a tempada e como chegan ao derbi ante o Ribadeo.
Dous últimos encontros: «A imaxe nosa cambiou. No primeiro si que tivemos a opción de ter unha victoria pero non tivemos porque tiñamos o partido encarrilado e coa sensación de ter máis. Vexo que cada vez somos un máis equipo e imos todos no mesmo camiño. Fáltanos ter máis gol, que é algo vital nesta categoría».
Primeira tempada na Preferente: «É a miña primeira tempada na categoría, pero estoume encontrando ben. Inda así, gustaríame aportar moito máis ao equipo no apartado estatístico, xa que é o que marca o rendemento dos xogadores. Os tres adestradores confiaron en min e déronme consellos para mellorar o meu xogo e iso axúdame a estar máis cómodo».


«No Escairón vemos no derbi unha opción de reengancharnos»
Salvación: «Non estamos nunha situación fácil, pero se gañamos este finde poñémonos a seis e co average particular gañado. É unha gran oportunidade para reengancharnos e encima coa nosa xente apoiándonos:
Derbi ante o Ribadeo: «A coletilla de final sempre hai que poñela. O importante é conseguir sumar e intentar dalo todo coma sempre. Os derbis sempre son un partido especial contra xente que coñeces ou da que se fala moito na provincia».
A Preferente para Xoel: «É unha categoría de áreas, podes ser moi superior ou inferior, inda que estamos todos moi parellos, a diferencia está nun dianteiro que mete moitos goles ou unha defensa que os saca»

Foto do Atlético Escairón