Xornada de estreas e despedidas nos banquiños co Racing Vilalbés colíder de Terceira RFEF

O Trío de Ases O Cantón desta xornada tráenos moitas novas nos banquiños de Terceira RFEF. Dous adestradores, Fabri e Guillermo Oriol presentaron a súa dimisión e deixaron os banquiños de Viveiro e Sarriana, respectivamente. Os mariñáns caeron en Cantarrana co Valladares e, logo de dez encontros, o veterán técnico lucense decidiu poñer punto e final á súa traxectoria no banquiño celeste. Máis breve foi a etapa do levantino Guillermo Oriol na Ribela. A Sarriana caeu co Vilalonga e o adestrador presentou a súa renuncia.

Un técnico que debutaba, aínda que vello coñecido dos banquiños, David Paéz, fíxoo cun valioso empate co Polvorín diante da UD Ourense, líder da categoría. Igualado cos ourensáns está o Racing Vilalbés tras vencer nun encontro difícil fronte ao Arteixo.

Na Preferente houbo tres estreas nos banquiños. Manolo García no Pol fíxoo con vitoria diante do Paiosaco, mentres que Edu Rodríguez foi quen de igualar co Lemos no campo do Ordes. Brais Prados estreouse co Escairón no Municipal do Saviñao cunha derrota fronte ao líder Montañeros. O Ribadeo caeu con estrépito na Fieiteira co Cidade de Ribeira.

O Racing Vilalbés vence nun encontro difícil diante do Arteixo e iguala no liderado (1-0)



Encontro moi táctico e parello no que o Arteixo, cun fútbol moi directo puxo en serios apretos aos chairegos. Fabio contou cunha gran ocasión ao estrelar un balón preto da cruceta no que foi a mellor opción para os visitantes no primeiro tempo. Vicente tivo unha boa ociasión para os locais, pero atopou a gran intervención do gardameta Néstor.

No segundo tempo o Racing Vilalbés chegou con máis claridade á área rival, sobre todo pola banda dun incisivo Jose Varela. O único gol do encontro chegou tras un tiro lonxano de Martín que Néstor non acertou a despexar e o rexeite empurrouno Cañi ao fondo da portería. Co marcador a favor, os de Alberto López gozou de boas ocasións para finiquitar o encontro nas botas de Borja Míguez, Fito e Martín. O Racing perdoou e o Arteixo a piques estivo de igualar nunha dobre ocasión de Otero e Jota.

A Sarriana cede na Ribela fronte ao Vilalonga e Guillermo Oriol xa é historia (1-2)



Encontro que se puxo costa arriba para os locais aos tres minutos cun tanto de Wachi, que superou cun bo disparo ao debutante na portería Víctor Arosa. Os visitantes dificultaron moito o xogo combinativo do sarriaos que apenas xeraron ocasións de gol, salvo en dúas chegadas con perigo de Santi Gegunde e Álex Millán. Sobrepasada a media hora de xogo, Iker recibiu o balón e tras xirarse disparou lonxe do alcance do porteiro.

Con dous tantos en contra o técnico local deulle entrada a Brais e Martín e a Sarriana dominou case que por completo o segundo tempo, aínda que sen a profundidade suficiente para inquedar ao gardameta Rodrigo. Xa co tempo cumprido foi Santi Gegunde o que recurtou diferencias ao rematar un centro lateral de Sané.

Non houbo tempo para máis, e o adestrador Guillermo Oriol presentou a súa dimisión.

O novo Polvorín de David Páez iguala na Cheda fronte a UD Ourense (2-2)

Comezou fulgurante o filial albivermello. Os de Páez avasallaron aos ourensáns de saída e acadaron dous goles en só dez minutos con dous tantos de Maceira. O cuarto do atacante en dous minutos. A boa presión dos lucenses dificultou a saída de balón da UD e propiciou varios roubos de balón en campo contrario. Os de Borja Fernández apostaron por colgar balóns sobre Cellerino para tentar recurtar diferencias, sen éxito. Maceira a piques estivo de acadar o hat-trick antes do intermedio, pero o seu lanzamento saiu alto.



Tras o paso por vestiarios a UD Ourense empurrou na procura do gol que os metera no partido. Nun mal despexe da defensa lucense Justino enganchou un latigazo que se colou pola escadra de Candal. A falta de quince minutos para o final o Polvorín quedou con dez ao ver Damián o segundo cartón amarelo e iso dificultou as opcións do filial. Con nove xogadores no campo ao estar atendido Herrero por un golpe a UD Ourense acadou o empate por medio de Antón Guisande. Xa co tempo cumprido Candal evitou o terceiro cunha boa intervención.

O Viveiro naufraga co Valladares e Fabri deixa o banquiño de Cantarrana (2-3)

Condicionou o encontro o mal estado do céspede de Cantarrana. O marcador non tardou en poñerse en contra dos celestes. Frieiría transformou un penalti cometido por Rolle. O tanto espoleou ao conxunto local, que tiveron un bo número de ocasións para empatar. Rolle obrigou a intervir con éxito ao porteiro visitante, antes de que Diego Santín establecera o empate cun bo disparo.

No segundo tempo, o Valladares castigou os erros dos de Fabri. Primeiro Tomás e logo Frieiría puxeron en clara vantaxe aos visitantes. Ao igual que na primeira metade, o Viveiro non se veu abaixo e lanzouse a polo empate. Víctor recurtou diferencias tras aproveitar un erro do gardameta e no desconto Herrador a piques estivo de acadar a igualada.

Ao final do encontro, Fabri presentou a súa dimisión tras de partidos no banquiño de Cantarrana.

O Pol vence ao Paiosaco no debut de Manolo García e suma cinco xornadas sen perder (5-0)

Encontro de ritmo alto no que o Pol comezou levando a iniciativa. Os chairegos adiantáronse nunha boa xogada combinativa entre Omar e Alvarito que finalizou con centro deste e o remate inapelable de Cuadrado ao fondo da portería. Non todo eran alegrías no Municipal. Na propia xogada do gol lesionouse o killer Cuadrado. O encontro seguiu con dominio local e con chegadas á área rival con certo perigo. O Paiosaco só inquedou a Manu Cedrón nalgún despiste defensivo dos pupilos dun Manolo García que debutaba no banquiño.

O segundo tempo comezou da mellor maneira. Nunha contra Dani, tras un bo servizo de Mauro, fixo o segundo tanto. Co encontro cómodo para os locais, o Paiosaco aproveitou un erro de Manu Cedrón no golpeo de balón para achegarse no marcador. O tanto non lle sentou ben aos chairegos e os visitantes lograron empatar nun discutible penalti que transformou Iván Amor. O Pol non lle perdeu a cara ao encontro e nun saque desde o curruncho Álex Pérez rematou ao fondo da portería o que sería o tanto da vitoria.

O Lemos suma un punto amargo no campo do Ordes (1-1)

Partido que supuxo outro debut nos banquiños. Edu Rodríguez volveu a facerse cargo do Lemos e fíxoo nun bo encontro dos monfortinos, que foron moi superior ao seu rival sobre todo no primeiro tempo no que o Ordes non chegou a inquedar a Losada. O Lemos puxo en serios apretaos aos locais e cando xa se cantaba o gol, un defensor sacou sobre a liña o balón na que foi a ocasión máis clara.

No segundo tempo o Lemos logrou adiantarse no marcador tras un roubo de balón en campo contrario de Adrián Díaz. Este conectou con Luis que superou ao gardameta. Os monfortinos non aproveitaron as ocasións para sentenciar o choque e nun desconto interminable, practicamente no minuto cen de encontro, chegou o tanto do empate. Mouriño aproveitou un centro lateral para superar a Losada.

O Ribadeo non comparece na Fieiteira e remata goleado polo Cidade de Ribeira (5-0)

Mal encontro dos mariñáns diante dun conxunto coas ideas claras. Malia todo a primeira metade non facía presaxiar un marcador tan abultado. O conxunto local dominou desde o comezo, pero o Ribadeo defendeu con acerto e apenas se viu superado polo rival ata que no minuto 35 Piñeiro superou a Javi Pita nun tanto moi evitable pola zaga ribadense.

A segunda metade comezou do peor xeito. No primeiro minuto Christian fixo o segundo e pouco despois Viturro sentenciou. O Ribadeo veuse abaixo e con moito tempo por diante naufragou diante dun rival que foi quen de marcar dous novos goles, ambos de Nando. O canteirán Adrián debutou coa camisola celeste.

O Escairón compite diante do líder na estrea de Brais Prados (0-2)

Non hai dúas sen tres e no Saviñao foi a terceira estrea nos banquiños lucenses. Brais Prados colleu o temón do Escairón coa difícil papeleta de acadar a permanencia na categoría. O debut tivo lugar diante do líder. O Montañeros amosou a súa condición no primeiro tempo. O conxunto coruñés logrou adiantarse cun gol de Real ao rematar un balón morto na área. Os locais tiveron unha boa oportunidade nun libre indirecto que non foron quen de aproveitar.

Nada máis comezar o segundo tempo, Pape recolleu un rexeite de Álex Ávila e fixo o segundo. O Escairón repúxose ben e competiu de ti a ti contra o Montañeros. Os de Brais Prados chegaron con certo perigo á portería rival aínda que non foron quen de recurtar diferencias.

Xornada de estreas e despedidas nos banquiños co Racing Vilalbés colíder de Terceira RFEF

Brais Prados (Escairón): «O grupo ten un

Xornada de estreas e despedidas nos banquiños co Racing Vilalbés colíder de Terceira RFEF

Os Máxicos non perden o ritmo da

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *