O Iberia e o Brollón volverán ser dous dos equipos punteiros da Segunda. Despois de ser dous dos clubs que pelexaron a tempada pasada por subir de categoría no play off, manteñen na súa maioría o cadro de xogadores.
Comezou xa a temporada na Segunda Rexional, agora coñecida oficialmente co nome de Segunda Futgal. Na zona norte, logo do ascenso do Pastoricense e do Racing Villalbés B, equipos como o Iberia, o Folgueiro ou o Sanci quererán estar de novo na parte alta.
Os recén descendidos Riotorto e Guitiriz afrontan etapas diferentes. Os primeiros coa idea de manter o proxecto a toda costa. Os segundos están nunha fase de transición apoiados na xente nova da casa.
Na zona sur, ademais do Brollón, o Becerreá volverá ser outro dos conxuntos referentes. Tamén o Friol tratará de manter o nivel amosado o curso anterior a pesar das baixas sufridas.


O recén descendido Portomarín tamén afronta a fase de construción dun novo bloque.
Con todo, o ascenso estará más caro neste curso. Só ascende de o primeiro de cada grupo. E só participan no play off os segundos que xogarán eliminatorias con equipos da provincia da Coruña.
