#Primeira Futgal #Fútbol afeccionado

Máxicos con moitos goles na 2ª xornada

Salvatierra Abogados patrocina unha semana máis os Máxicos da Primeira Futgal, unha das nosas seccións predilectas.

A Residencia supera ao filial do Racing Villalbés (3-2). O dominio inicial foi branquiazul e se traduciu de feito no tanto de Javi Calderón (1-0), pero os chairegos repuxéronse e, especialmente tras o descanso, controlaron o xogo e remontaron a contenda (1-2). Tras o segundo gol visitante, o partido entrou nunha fase tola, con opcións e alternativas para ambos conxuntos, e da que saiu beneficiada a Residencia grazas a dous cabezazos de Pereira —un dos Máxicos da xornada— que serviron para igualar o marcador en primeira instancia e poñer o definitivo 3-2 no tempo engadido.

O Lourenzá supera en ritmo e goles ao Chantada Atlético (3-1). Foron mellores os locais na primeira metade, que aproveitaron dous erros en saída de balón dos chantadinos para poñer o 1-0 por medio de Luis e o 2-0 logo dun roubo de Jose culminado por Yago. Xa na segunda metade, Paulo puxo o 3-0 e, aínda que os visitantes fixeron todo o posible por recurtar diferenzas, tan só acadaron un gol e os tres puntos quedaron na Santa Cruz logo dun mal choque do Chantada Atlético.

O Guntín e o Burela postúlanse como rivais moi serios (0-0). A igualdade foi a tónica dominante nun Ladairo que viu como os Máxicos de ambos conxuntos alternaban o dominio do coiro e contaban con boas ocasións para anotar. Os gardamallas foron protagonistas no primeiro tempo e, xa na segunda metade, o cadro local deu un paso adiante na procura da victoria. Os mariñáns aguantaron as intentonas do Guntín e, ao término dos 90′, houbo reparto de puntos.



O Santaballés imponse no feudo do Pastoricense (0-1). Aínda que os do Acebreiro tiveron o dominio do xogo na primeira media hora de xogo, o Santaballés foi collendo o pulso do partido pouco a pouco e aproveitaron un erro en saída de balón para poñer o 0-1 antes do descanso, obra de Novás. Tras a reanudación, o Pastoricense arriesgou cun cambio de sistema e foi quen de apurar aos chairegos con balóns colgados á área, pero non puido anotar

O Outeiro de Rei supera ao Oural nun duelo tolo (3-2). Aínda que os de Negrete puxeron o 0-1 no minuto 9′, o Outeiro de Rei mostrouse máis contundente nas áreas e conseguiu tres goles en dez minutos —entre o 11′ e o 21’— para remotar o partido e poñer o resultado de cara. Porén, o Oural non lle perdeu a cara ao partido e, especialmente no segundo tempo, foi quen de someter aos chairegos. Chegou o 3-2 e a piques estivo de facelo o empate, pero finalmente os tres puntos quedaron no Municipal.

Os máxicos brindaron un gran espectáculo nos derbis comarcais

O San Lázaro cae diante dun sólido Castro (0-2). O San Lázaro plantoulle cara a un gran Castro e, de feito, contou cunha ocasión clara antes do 0-1 que anotou Álvaro. Porén, os de Dumi fixeron unha segunda parte a un gran nivel e, aínda que o tanto da sentenza non chegou ata o minuto 86′, o cadro vermello dominou os últimos 45 minutos e puido anotar algún gol máis ante os Máxicos da Ponte que se mostraron moi competitivos ao longo dos 90′.



O Foz supera no derbi ao Xove logo de 5′ minutos fatídicos (2-0). Os focenses dominaron o choque con claridade e acadaron dous tantos en apenas 5 minutos no ecuador do primeiro tempo: o primeiro en propia meta logo dun centro lateral, e o segundo cun tiro cruzado de Álvaro Moreda. Co marcador controlado, o Foz dispuxo de máis ocasións, aínda que o Xove tamén puido anotar na reanudación por medio de Xesús. Porén, o electrónico non se movería máis e os puntos quedaron na casa.

A SD Chantada e o Taboada asinan táboas (2-2). Pulpix fixo xustiza ao visto sobre o céspede na primeira media hora e anotou o 1-0 antes do descanso. Porén, un gran Taboada reaccionou na segunda metade e someteu a unha SD Chantada que non está afeita a ese guion de partido. Seso aproveitou un balón morto na área para poñer o 1-1 e, pouco despois, Fabio puxo o 1-2. Era o minuto 88′, pero os Máxicos chantadinos tiraron de coraxe e conseguiron o 2-2 definitivo nunha acción a balón parado no tempo de desconto. Ao final, reparto de puntos logo dun gran partido no Sangoñedo.

O Monterroso volve caer na casa, neste caso diante do Meira (1-2). A igualdade foi a tónica dominante en Cerdeiriños, aínda que os locais aproveitaron unha falta sacada de forma rápida para poñer o 1-0 por medio de Raulito. Non sería ata os últimos 10 minutos que o Meira vería recompensado o seu esforzo ao longo do segundo tempo: Sergio transformou un penalti cometido sobre Iago Dorado e, minutos despois, o propio Sergio enviou ao fondo das mallas un rexeite de Melendo logo dun disparo de Seixosmil para darlles os tres puntos aos Máxicos da Lomba.

A Milagrosa cae na súa viaxe á casa do Alertanavia (3-1). Un penalti en contra nos primeiros intres condicionou á Milagrosa, que se viu perdendo por 1-0 desde o comezo. Porén, os de Frigsa gozaron de varias ocasións no primeiro tempo, entre elas un disparo ao longueiro. Xa na segunda metade, o Alertanavia anotou o 2-0 cunha gran xogada combinativa e, cando o choque parecía resolto, os lucenses fixeron o 2-1 e comezaron a apurar aos seus rivais. Cando máis preto estaba o empate e despois de errar numerosas ocasións, os vigueses aproveitaron un contragolpe para poñer o definitivo 3-1 no 94′.

máxicos

Máxicos con moitos goles na 2ª xornada

SD Antas, CD Lugo ‘B’ e SD

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *