#Entrevistas #Con F de Futbolista

Chusa, Carballedo: «Jenny é unha das mellores dianteiras da categoría»

María Jesús Mosteiro ‘Chusa‘ foi unha das xogadoras máis destacadas do IV All Star Futbolinlugo celebrado o pasado 22 de xuño no campo do Ladairo, en Guntín. Aquel día tivemos a oportunidade de falar con ela para coñecer as súas sensacións ao respecto da temporada 23/24 e do evento organizado por Futbolinlugo.

chusa

Futbolinlugo: Como decidiches reconverterte en gardamallas logo de ser xogadora de campo?

Chusa: No meu equipo non había porteira e Sementa díxome que tiña que ser eu. Aceptei sen maior problema.

Chusa sufriu unha lesión de gravidade no II All star futbolinlugo

FIL: O Carballedo estivo a piques de obter o ascenso o pasado curso.



Chusa: Si, foi un ano moi bonito. Tiñamos a Jenny, que é unha das mellores dianteiras da categoría. Levámonos todas moi ben e disfrutamos moito por iso estivemos ata o final loitando.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *