#Fútbol afeccionado #Feminino #Preferente Futgal #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Terceira Futgal

Diario dun mercado. Episodio 449

As cousas andan turbulentas pola provincia, pero o mercado non deixa de funcionar. De feito, a Sarriana vén de anunciar a fichaxe do defensor Javier Piay, con pasado nas categorías inferiores do RC Celta e do Arosa e que chega despois de facer un gran ano no Gran Peña.

Na Primeira Galicia, o Monterroso renova ao gardamallas Sergio ‘Paquito’ e aos mediocampistas Raúl e Martín, que aportarán calidade e visión de xogo ao cadro de Fernandito.

O Mercado segue activo pola ulloa

Unha categoría por debaixo e na veciña vila de Antas de Ulla, os do Castro Seoane contarán un ano máis con Cumbraos e con Martín, mentres que o defensor Martín Barrio deixa a disciplina do Oural para xogar no Páramo de Jony Lombardía. Na zona norte, o Sporting Pontenova incorpora a Camilo. E na capital, a Piringalla renova a Juan Vidal, Miñocas e Miguel.

Xa na Terceira, o Corgo da continuidade ao seu proxecto coas renovacións de Dani e Miguel Marberti, ao contrario do que sucede en Castroverde, pois Dani Gómez, Eduard, Dani, Luisito e Adrián non continúan na Veiga do Olmo. Por último, a sección feminina do Antas contará un ano máis con Laura Quintás.



mercado

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *