Comezamos o episodio 446 do noso Diario coa gran nova protagonizada polo viveirense Xoel Trasancos. O centrocampista será membro a todos os efectos do primeiro equipo da SD Compostela, logo de dúas grandes temporadas nas filas do Sigüeiro, filial do conxunto santiagués.
Continuamos coa renovación do lateral Mati co Ribadeo. O futbolista arxentino, convalecente dunha grave lesión, ten por diante uns meses de recuperación para voltar ás convocatorias.
Precisamente do Ribadeo saiu o gardameta Hugo que xogará no Foz, o equipo da súa vila. O experimentado gardameta pasou polo Xove Lago, Valadouro ou Alfoz e competirá por defender a portería do Martínez Otero con Trullo, que retorna ao conxunto focense logo de varias campañas no Xove Lago.
O Castro asinou a contratación do mediocentro Carnero, que regresa ao Arturo Pereiro tras ser peza importante do ascenso a Preferente e xa recuperado dunha lesión que o tivo apartado dos terreos de xogo.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
O Monterroso anunciou a renovación de Lucas Pardo e Martín Blanco ‘Bochi‘, ademáis de Raúl Antas que, ademáis será o segundo adestrador do filial monterrosino ao carón de Óscar Pampín.
Novidades tamén no Antas. O cadro da Ulloa anunciou a renovación de Marcos, Garea, Micha e Ger. No conxunto feminino seguirá Laura Vilela e a All Star Elisa. No Ferreira renova Jordi, que tamén superou unha grave lesión e volverá a disfrutar no fútbol no Baliño. O Alfoz contará coa aportación de Christian de Brito ‘Suis‘.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)