#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal

Diario dun mercado. Episodio 445

Comezamos un novo Diario dun Mercado cun lucense que xogará fóra das nósas fronteiras. Diego Fraga ‘Lucky‘ deixa o Friol para xogar no Xuventude Sanxenxo, un histórico do fútbol galego que se atopa en horas baixas e que pelexará por ascender á Primeira Futgal.

O Monterroso contará con Koeman como segundo adestrador a carón de Fernandito. Lorenzo renova e seguirá a ser un referente no ataque do conxunto de Cerdeiriños.

No Alfoz seguirá un ano máis Walter Semedo ‘Mista‘ e cumplirá a súa segunda temporada no Municipal. O Ferreira acadou a renovación de dous veteráns do cadro do Baliño. Adrián Enríquez e Marcos, futbolista All Star o ano pasado en Mondoñedo, continuarán ás ordes de Manu Rodríguez.

O San Roque asinou a fichaxe do dianteiro Dhomini, que retorna ao club logo dun ano nas filas do Riotorto. E non chegará só. Farao acompañado do gardameta Manu Ricoy, que tamén sae do conxunto da Veiga.



O Roupar contará na vindeira campaña con Xoel, que retorna ao club despois dun ano de obrigada parada por mor dunha lesión. Diego Saborido, que fai uns meses deixou o banquiño do Relámpago Taboada, volverá calzarse as botas para estar ao carón dos que foron os seus pupilos as últimas campañas e militará no Relámpago.

Diego Fernández ‘Carra‘, con pasado no banquiño do San Ciprián, asi como no corpo técnico do Viveiro en Preferente, ademáis de adestrar na súa base, será o novo adestrador do xuvenil A da SD Burela.



Diario dun mercado. Episodio 445

Ribadeo e Lemos comezan na casa a

Diario dun mercado. Episodio 445

O IV All Star Futbolinlugo en imaxes.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *