#Fútbol afeccionado #Feminino #Preferente Futgal #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Terceira Futgal #Terceira RFEF

O fútbol lucense contará cun equipo menos na 24/25

O pasado venres 2 de agosto finalizaba o último dos prazos de inscrición dos equipos afeccionados e femininos para as competicións da Real Federación Galega de Fútbol. Futbolinlugo quixo profundar no tema e saber se esta campaña 24/25 contaríamos de xeito oficial con algún club novo. Ou, pola contra, perderíamos algún dos nosos conxuntos habituais.

Neste momento, podemos asegurar que non teremos estreas para esta tempada. No entanto, perdemos (como mínimo) un equipo. Un no balompé feminino. Neste caso, un tanto sorprendente a decisión tomada; despois do éxito deportivo desa escadra na pasada campaña.

O Sporting Lucense si celebrará o seu 25 aniversario en competición. Un problema na súa inscrición púxonos en alerta ante a súa desaparición. Finalmente a Federación confirmou a súa participación na próxima temporada na que militará na Terceira Galicia.

O club capitalino, fundado no ano 2000, continúa así coa súa aventura, a pesar de que nas últimas campañas sufriron moitos cambios de proxecto e xogadores.



O San Roque feminino despídese da competición

Nesta mesma mañá, o San Roque feminino presentou a súa renuncia a competir na Segunda Galicia. Despois de coquetear co ascenso a Primeira, a marcha do míster Quiroga ao PM Friol B supuxo un grave problema engadido ás xa poucas xogadoras coas que contaban para afrontar o próximo curso.

Porén, nas próximas datas comprobaremos se o San Roque feminino é a única desaparición no noso fútbol. Hai varios conxuntos no arame, pendendo dun fío. É de sobra coñecida a situación do Cospeito, sen adestrador e buscando xogadores arreo para poder saír con garantías. Ademais, a Comercial B tamén estaría moi moi xusta de efectivos.



O fútbol lucense contará cun equipo menos na 24/25

Diario dun mercado. Episodio 442

O fútbol lucense contará cun equipo menos na 24/25

Os lucenses de Terceira RFEF estrean a

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *