#Fútbol afeccionado #Feminino #Preferente Futgal #Terceira Futgal

Diario dun mercado. Episodio 430

Yoli segue na Comercial.

O mercado continúa cos movementos nas últimas horas. É o caso da Comercial, que renova á xogadora All Star Yoli. A futbolista, moi importante no seu club, vivirá a sexta temporada no conxunto capitalino. Por outra banda, o Monteforte de Julio Corral renova a outra «All Star», Erea, ademais de Noa e de Lucía.

O mercado mostrouse moi activo nas últimas semanas

Xa no fútbol masculino, a Sarriana anunciou a fichaxe do defensor Youssef Sánchez, que chega desde o Sporting Atlético da División de Honra xuvenil. É a sexta fichaxe do cadro da Ribela logo das chegadas de David Guitián, Martín López, Santi Gegunde, Luis Díaz e Miguel Raimundez.

Ademais, o mediapunta Cañi deixa o Arteixo para asinar polo Racing Villalbés, que continúa a asentar un proxecto moi ilusionante na Terra Chá. Os seus veciños do Santaballés, tamén consolidados, renovan a un Play que cumprirá a súa terceira temporada na Liga.

O Xermade asenta tamén o seu proxecto coa renovación de Vila, mentres que na veciña parroquia de Román, o Catro Roldas incorpora a un lateral que chega desde o Racing Villalbés xuvenil: Antonio Román. Por último, o Matela anunciou a renovación de Novo.



mercado

Diario dun mercado. Episodio 430

Diario dun mercado. Episodio 429

Diario dun mercado. Episodio 430

Diario dun mercado. Episodio 431

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *