Abrimos o episodio 428 do noso Diario dun Mercado con novidades nos conxuntos lucenses da Terceira RFEF. A Sarriana asinou a renovación de Keko Vilariño. O termómetro do centro do campo sarriao continuará un ano máis na Ribela. O Polvorín fichou a Raúl Paz, futbolista vigués procedente do Estradense, onde vén de realizar unha gran campaña.
O Pol puxo a primeira pedra do seu proxecto en Preferente coa contratación de Roberto Fernández como adestrador. O tres veces técnico All Star tivo a súa última experiencia no banquiño do Polvorín. O seu segundo será Óscar Seijas. O Ribadeo contará no seu novo proxecto con Martín Sanjurjo. O atacante, natural de Castropol, procede do Andés conxunto no que militou as dúas últimas campañas na Preferente astur. Tamén xogou no Real Tapia e no Astur Vegadense.
Óscar Lozano ‘Caño‘ continuará facendo o avión no Santaballés. O mediocentro vilalbés xogará a sexta temporada no club. Mantense tamén o pontés Jandro, que cumplirá a sétima campaña na Liga. Renova o seu compromiso cos de Freire o central David Boo, que compartirá equipo co seu veciño Álex Cabado. O Santaballés contará con Xesu, central de Rioaveso procedente do Cospeito. Manuel e Damián renovan coa SD Chantada e ao Meira chega Alonso Laurel, tras rematar na Residencia a súa etapa xuvenil.
O Xermade equilibra o seu cadro de xogadores coa contratación de Carlos. Procede do Roupar e acompañará ao seu irmán Nando no novo proxecto do cadro xermadés. Ayrton continuará ás ordes de Borja Bouza. No Cabreiros continua Chema Franco e no Guitiriz renova Adrián Novo.
Borja Nogueira e Juan Cortiñas continuan un ano máis no Alfoz, así como Chinclavo e Miguel Otero. No Sporting Pontenova xogará o dianteiro Soto, procedente do Celta Barreiros. Os do Cascabeiro asinan ao atacante Ayoub procedente do Ribadeo. Na última temporada, aínda en etapa xuvenil, contou con minutos en Preferente. No Incio renova Andrés Cepeda, David Vizca e o All Star 2023 Edu.
O Mondoñedo presentou ao seu novo adestrador. Será Sergio Fernández ‘Setxu‘. O preparador natural de Fórnea (Trabada) vén de ser coordinador das categorías inferiores do Bertamiráns, formando parte do corpo técnico do primeiro equipo que milita na Primeira Galicia. O Roupar renova ao mediapunta Ro e asina a contratación do dianteiro Tupa. No Catro Roldas xogará o extremo Yerai Iglesia, procedente do Meira xuvenil así como o mediocentro Brais Filgueira que chega desde o xuvenil do Cospeito. No Río Sil xogará o central José Luis De la Fuente, procedente do xuvenil do Monforte.
No fútbol feminino o PM Friol perde a Lynda Muriel, que asinou como nova xogadora do Avilés. O ex xogador do Antas, Xanzy deixa o banco do Touro, conxunto que competiu no grupo II de Segunda Galicia coa SD Chantada.