#Fútbol afeccionado #Feminino #Preferente Futgal #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Terceira Futgal #Terceira RFEF

Diario dun mercado. Episodio 418

Deixamos o mercado sen atender un par de días e as novidades enchen os nosos teléfonos. Hoxe traemos a primeira tanda de fichaxes e novidades de todas as que irán chegando ao longo da semana.

Comezamos por unha Terceira RFEF que voltará gozar dunha das perlas do fútbol lucense: o mediocentro Álex Rey xogará no Boiro logo do seu paso por un Villalonga co que ascendeu á Terceira. O futbolista medirase ao seu irmán Javi, que segue no Racing Villalbés. O club chairego perdeu, porén, a Álex Pérez, que seguirá na Segunda RFEF da man do Coruxo. Pola súa parte, o Viveiro incorpora ao defensor Víctor Fernández, como adiantou El Progreso, e que chega desde o Lenense asturiano.

Na Preferente, o Escairón ficha a Dani Delgado, que chega desde o Chantada Atlético, e renova a ‘Maki’. O Ribadeo comeza a fortalecer o seu proxecto coas chegadas de Pedro Díaz (Castro) e de Javi Pita (As Pontes). O adestrador Pasín, con pasado no Sober ou no Bóveda, incorpórase ao corpo técnico de Juanlu Bernal no Lemos.

A primeira galicia concentra o mercado de hoxe

A SD Chantada da continuidade ao proxecto coas renovacións de Fornas, Manute, Pulpix e Jordi. En Meira tamén hai novidades: o capitán Triunfante liderará ao equipo desde o verde, mentres que Manolo García (ata agora no Riotorto) o fará desde o banquiño. Pola súa banda, Iván Lamas seguirá á fronte do Racing Villalbés ‘B’ logo de dous ascensos seguidos. No filial chairego continúan Hugo López, Álex Cumbraos e o goleador de Burgás Gabri Blanco, mentres que Denís Buján volve ao club desde o Outeiro de Rei.



No recén descendido Castro, renova Mangel. Unha nova triste chega desde o Chao da Poza: o contrastado lateral Javicho colga as botas logo de brillar en toda a provincia e participar no maior fito da historia do Portomarín, o ascenso á Preferente.

os clubes da segunda galicia quentan motores

Hai moito movemento no mercado norte, pois o Sporting Pontenova incorpora a Ángel Merino como adestrador tras a marcha de Castro, e o Iberia renova ao extremo Jorge Fernández. Os das Valgas tamén soben desde o xuvenil ao atacante Jorge Pernas. En San Ciprián hai cambio de adestrador: Javi Ruiz asume os mandos do equipo tras a saída de Jaime Méndez.

O Xermade, pola súa banda, mantén ao seu capitán Esteban e a Diego Bellas ‘Chungui’. Os seus veciños de Cabreiros afianzan o proxecto coas renovacións dos gardamallas ponteses Nesi e Lino, ademais dos xogadores de campo Beto, Marco Durán, Mateo López, Joan Tembrás e Alberte Ledo.



mercado
Manolo García chega aos bancos da Lomba.

No mercado da Segunda Sur tamén hai actividade. Joni continúa no Páramo, mentres que o Ferreira avanza un poderoso proxecto: o adestrador Manu renova, ao igual que os xogadores Fagín e Rafa Muller. A maiores, fichan ao extremo Brais e incorporan a Héctor e a Joel desde os xuvenís do Monforte.

O Incio renova ao seu técnico Ruboi e ao defensor Juan David Díaz. Os seus veciños do Brollón tamén están activos no mercado: perden a Nico Díaz, pero manteñen a Iván ‘Chivi’ e fichan a Yeray desde o Lemos ‘B‘. No Paradela seguen Alonso, Juan e David Losada.

Na Terceira Galicia, Manu Díaz e Hugo Pérez continúan no Río Sil, e David Orosa cumprirá a súa quinta temporada no Catro Roldas. Por último, no fútbol feminino, Pablo Bargados continúa como técnico do CD Lugo ‘B’ tras lograr o ascenso na primeira temporada da historia do filial albivermello.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *