#Fútbol afeccionado

Diario dun mercado. Episodio 405

Comezamos este novo Diario dun Mercado coa renovación de Juan no Viveiro. O canteirán, que se convertiu nun fixo no once titular nesta pasada temporada, seguirá defendendo as cores do conxunto mariñán ás ordes de Jandri Rego.

O Ribadeo xa ten novo presidente. Valentín Coto, ata o de agora máximo responsable da SD Ribadeo, entidade que aglutina o fútbol base ribadense, foi elixido na asamblea de socios e sustitúe no cargo a Pedro Posada. Non estará no conxunto do Pepe Barrera o focense Asier, que asinou polo Racing Vilalbés e volta así á Terceira RFEF logo do seu paso polo Viveiro. No Lemos renovou contrato Dafonte. O centrocampista seguirá a ser un indispensable para Juanlu Bernal.

A Residencia non poderá contar con Yeray para o seu novo proxecto en Primeira Galicia. O futbolista lucense será o novo adestrador do Santa Comba, conxunto recén ascendido a Segunda Galicia. Adrián Román tampouco continuará no Riotorto e no Portomarín tamén se despediron os irmáns Hugo e Cachón, ademáis do carismático central Pisos. Outro que se despide é o capitalino Saúl, que non xogará no Guitiriz o vindeiro ano tras o descenso deste a Segunda Galicia.

Na Terceira Galicia o Bóveda capitaliza as novidades. Fernando Elcoso continuará como adestrador e contará coa continuidade dos capitáns Ángel, Juander e Sorge. Ademáis, seguen no cadro de xogadores Sergio, Janairi e Miki Ferreira, ademáis de Manu Mourelos.



Diario dun mercado. Episodio 405

Diario dun mercado. Episodio 404

Diario dun mercado. Episodio 405

A final da Copa repetirá a final

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *