O Atlético Escairón ascendeu a Preferente Autonómica logo de dous anos de ausencia. Fíxoo nun play off moi parello diante da SD Chantada logo dunha gran temporada, na que os conxuntos da zona alta sumaron máis puntos que nunca e a pelexa polos postos de privilexio se convertiu nunha loita titánica.
En Radio Lugo Cadena Ser o protagonista da xornada foi Denis, capitán do Escairón e xogador xa curtido en mil batallas. Álex Gato, presentador do Ser Deportivos e Marcos Fernández, redactor de Futbolinlugo, falaron con él.
Aquí podes escoitar a entrevista íntegra:
A clave do play off. «Foi unha eliminatoria que disfrutamos moito, un derbi con moito público tanto na ida como na volta. Creo que a clave estivo en amosarnos moi seguros atrás. Sabiamos que si o lograbamos ibamos xerar perigo con xogadores como Vilachá, Julito ou Rucho. Puidemos marcar as ocasións que tivos e logramos o ascenso«.


Unha liga moi reñida na zona alta. «Salvo o Pol, que xa desde o comezo marcou as distancias, a pelexa polo play off estivo moi disputada. Escairón, Burela, SD Chantada e Chantada Atlético fomos catro equipos que acadamos moitos puntos. Creo que en poucas temporadas se puido ver tanta diferencia entre o quinto clasificado e o resto. Por exemplo nós chegamos ao penúltimo partido, cun enfrontamento durísimo co Lourenzá que gañamos sufrindo moito, que si o empatamos quedariamos fóra«.
A celebración. «Non lle podemos pedir máis aos festexos. Ao ter un encontro decisivo no noso campo a verdade é que non lle podemos pedir máis. Celebrámolo no campo, fomos no remolque dun camión bañarnos á fonte e logo tomamos algo polos bares do pobo. Estivo moi ben«.
Consolidarse na Preferente. «É primordial manter a base do equipo, ogallá o club o poda lograr. A partir de aí, que as fichaxes que cheguen suban un pouco o nivel para poder consolidar o club na Preferente. Sabemos o salto que supón a nova categoría, polo que creo que neses dous factores está a clave«.

A continuidade de Denis. «Seguirei no equipo. Xa non me quedan moitos anos no fútbol. Xoguei case toda a miña carreira aquí e agora xa non me plantexo cambiar. Tentarei axudar en todo o que se poda no rol que me toque«.
A Copa. «Buscaremos chegar á final para poñerlle a guinda á temporada. Se pasamos contra o Foz xogaremos outro derbi. Non se lle podería pedir máis a este ano«.