#Primeira Futgal #Fútbol afeccionado

O último ascenso dos Máxicos sairá do Saviñao

máxicos salvatierra abogados

Os Máxicos Salvatierra Abogados puxeron fin á temporada regular a pasada fin de semana. Porén, aínda queda unha praza de ascenso á Preferente. SD Chantada e Atlético Escairón medíronse no Sangoñedo o domingo 26 na ida da final polo ascenso, con resultado final de 0-1.

O partido seguiu o guión previsto, cunha SD Chantada que levaba a iniciativa con balón, mentres que o Atlético Escairón priorizaba non encaixar. No primeiro tempo faltou claridade nos últimos metros: Joserra tivo a máis clara para os locais, mentres que Asier puido facer o primeiro para os seus nun desaxuste defensivo dos chantadinos. Porén, o resultado ao descanso era o inicial, 0-0.

Xa na segunda metade, os Máxicos de Traste arrancaron ben, con moito ritmo e poñendo en tensión á defensa visitante. Porén, o cadro de Iván González aproveitou unha gran transición que finalizou Rucho para poñer o 0-1. Co resultado adverso, O Sangoñedo volcouse cos seus na procura do empate, pero a solvencia defensiva do Escairón fíxose notar unha vez máis e non se viron máis goles na vila do Asma.

Traste móstrase optimista para remontar a eliminatoria.
Traste móstrase optimista para remontar a eliminatoria.

O segundo ascenso dos máxicos, por resolver

O partido de volta, que se disputará no Municipal do Saviñao o vindeiro día 2 de xuño, determinará que equipo participará na 24/25 na Preferente Galicia e cal dos dous voltará a competir na Primeira Galicia. Ante o choque da próxima semana, ambos adestradores se mostraron cautos, pero optimistas.



O conxunto dirixido por Traste ten que gañar o partido, e o adestrador é «consciente da dificultade que ten, pero unha simple victoria xa nos garante prórroga e penaltis». O preparador afirma que «non podemos descoidarnos defensivamente desde o minuto 1, porque é un rival que transita moi ben. Teremos tempo ao longo dos 90′ para atopar os nosos momentos e os nosos espazos».

O Escairón tamén fará méritos para a victoria, como xa fixo este domingo. O seu xogador Miguel Vilachá, un dos futbolistas máis sobranceiros da categoría, apuntou que «tivemos en mente non conceder moitas ocasións, aguantar as ofensivas do rival e despois saír con Julito e Rucho máis un terceiro que se sumase ao contragolpe».

O pupilo de Iván González afirmou que «foi o que se estudou ao longo da semana e quedou reflectido no campo. Agora o Chantada ten que anotar dous goles en Escairón, e non é nada doado. Encaixamos pouco como locais e sentímonos moi cómodos co apoio da nosa bancada».



máxicos mercado

O último ascenso dos Máxicos sairá do Saviñao

Diario Dun Mercado. Episodio 399

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *