O mercado está máis vivo que nunca. Pese a que aínda non rematou a temporada, hai clubes que xa pensan no seu proxecto para a 24/25: as despedidas acumúlanse nos campos lucenses, así como as incorporacións e renovacións de pezas chamadas a ser chave en cadanseu conxunto.
A maior parte das novidades chegan desde os banquiños. Juanlu Bernal, segundo adiantou La Voz de Galicia, renova como técnico do Lemos, mentres que Piru fai o propio á fronte do San Roque. Ademais, Jesu Rial volve aos campos da man do Celeiro Club del Mar.
Oportunidades no mercado para preparadores
Porén, tamén hai que lamentar a marcha de adestradores que, ata hoxe, foron un emblema nos seus equipos. Á sonada marcha de Simón Lamas do Racing Villalbés, súmanse outras. Gayol deixa o banco do Martínez Otero e seguramente asumirá outro rol dentro do club, mentres que Rubén Bergantiños marcha do Paradela. O Relámpago Taboada tamén perde ao seu técnico Diego, mentres que outro Diego, Dopico, di adeus ao Roupar logo de oito anos no conxunto verde.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2023/08/Simon-Lamas-23_24.jpg)
Tamén na sede do IV All Star Futbolinlugo hai movementos. Hugo Vázquez e Kike Sanfiz deixan un Guntín para o que sonan Seoane e Mourelos. Outro adestrador que acadara o ascenso á Primeira o pasado curso é Marquitos, que deixa o Guitiriz.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
![Miriam deixará o San Roque a próxima temporada.](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2023/03/SANROQUEFEM_MIRIAM.jpeg)
Xa no caso dos xogadores, Fabián Tourón é a primeira baixa dun Portomarín que volve á Segunda e que perde ao seu presidente, o carismático Chapu. En Montirón, Miriam deixa o San Roque por motivos académicos. Pola súa banda, o ariete mariñán Dani Pedrosa non continuará no Bergantiños logo de ascender á Segunda RFEF.
![máxicos mercado](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/05/TortaMillo-cartel2024_page-0001.jpg)