Benvidos un luns máis á sección na que vós sodes os protagonistas! Pouco a pouco, a normalidade vaise instalando nos campos lucenses e xa comeza a ser rutina de novo animar cada domingo ao clube da vila. Aquí os destacados desta semana!!!
- No primeiro lugar temos un vídeo colgado polo Valadouro, no que podemos ver as diversas ocasións das que dispuxo o conxunto mariñano no encontro ante o Lemos, pese a derrota por 0-2. Sempre gusta ver algo de fútbol nunha pantalla o luns!
Non, si…..algunha ocasión tivemos, pero a bola estaba caprichosa e non quixo entrar ???? pic.twitter.com/dVRxlxxeyF
— Acd Valadouro (@AcdValadouro) 9 de octubre de 2017
![]()
- Outra nova, tamén na Primeira, é o liderato destacado do Xove Lago tras a victoria ante o San Roque na Polvoreira (0-2). Así o celebraban nas súas redes sociais!
????Primeira Galicia, grupo 3
➡Xornada 6
▶SDC San Roque 0 ???? 2 UD Xove Lago
⚽Álvaro Otero
⚽Aitorín
????Líderes!!!#forzaXove— UD Xove Lago (@UDXoveLago) 8 de octubre de 2017
- Por último, a mellor nova da semana, e das mellores da temporada sen dúbida. O equipo feminino Ribadeo-Sporting Pontenova gañou o seu primeiro partido esta xornada, vencendo por 3-0 ao Eiris.
E ata aquí os destacados de hoxe! Moitas gracias a todos os clubes pola interacción.