Hai uns días facíase oficial unha nova sorprendente no noso fútbol. Paco López, adestrador do Peluquería Mixta Friol, deixaba o clube no que levaba escasos tres meses. Antes de coñecer sustituto, Futbolinlugo falou con Paco para coñecer máis acerca da marcha do técnico de As Pontes.
FUTBOLINLUGO: Ola Paco. Antes de nada, por qué decidiches deixar o Friol?
PACO: Desde o primeiro día que cheguei a Friol xa lle dixen á directiva que en canto non estivese a gusto coas diversas decisión, ou mesmo se eles veían que eu facía algo que con convencía, que sería o primeiro en apartarme. Dase o caso de que hai situacións nas que non estou cómodo, polo que decido desvincularme xa que nin moito menos vivo do fútbol.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
FUTBOLINLUGO: Sen embargo, deportivamente falando, as cousas marchaban moi ben.
PACO: Non, levabamos 4 puntos de 9 posibles, polo que a marcha non é por cuestión deportivas, senón porque eu non estou a gusto. Igual que un presidente pode despedirme, neste caso son eu o que se despide.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)
FUTBOLINLUGO: Esta foi a túa primeira experiencia no fútbol feminino. Que che pareceu?
PACO: A experiencia moi boa, leveime unha gran impresión. Hai rapazas cunha técnica e táctica increíbles, e en canto ao compromiso incluso mellor que no fútbol masculino. Hai 20 rapazas en plantel e non baixabamos de 17 en ningún adestramento. As condicións de adestramento inmellorables, pero o clube ten unha serie de compromisos adquiridos coas xogadoras, e se non son o que ti queres, é momento de deixalo.
FUTBOLINLUGO: En canto ao teu futuro, tes en mente algún outro equipo ou tonarás un ano sabático?
PACO: Nunca se sabe, e depende do que poida surxir. De momento non teño nada, pero se sae algo, todo será falalo e tratar de chegar a un acordo. Logo xa tocaría poñerse a adestrar, que a min é o que me gusta.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/12/senmas3.jpg)
FUTBOLINLUGO: Moitas gracias por atendernos, Paco.
PACO: A vós.