#Fútbol afeccionado #Feminino #Preferente Futgal #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Terceira Futgal #Terceira RFEF #Veteráns

2024, o ano de crecemento da comunidade Futbolinlugo

Esta é unha noticia das que nos gusta dar. Con especial agarimo para todos aqueles que se tragaron a nosa última ‘inocentada’. Queremos que 2024 sexa o ano de crecemento de Futbolinlugo, dun salto que buscamos vistos os grandes números de audiencia colleitados en 2023.

Desexamos transformar o incremento do seguimento nun aumento do fenómeno e a comunidade Futbolinlugo. Este Nadal demos varios pasos adiante en busca dese obxectivo, con moitas horas de traballo e reunións que xa tiveron os seus primeiros froitos. Coméntamosvos as principais novidades confirmadas.

Na última semana sumamos catro novos patrocinadores/colaboradores: dous privados, un público e un vello coñecido. Desde a próxima xornada de Primeira, os Máxicos contarán co nome do gabinete de avogados de referencia da provincia de Lugo. Salvatierra Abogados aposta forte por Futbolinlugo e patrocinará unha das seccións de máis éxito da nosa web. Además, xa garantiron a súa importante presenza nalgún dos próximos eventos que levaremos a cabo neste 2024.

A Terceira Galicia queda tamén ben escoltada. En Boas Mans, un dos centros de fisioterapia máis importantes do noso territorio, únese a Futbolinlugo para apadriñar o famoso Tres en Raia da Terceira lucense. Ambas entidades agardan un 2024 de éxito e crecemento. Porén non é a última empresa que se suma a esta casa.



As homenaxes, parte fundamental do All Star Futbolinlugo

Co novo ano, recuperamos a uns bos amigos desta redacción. Lucus Pádel e Futbolinlugo recuperan a súa alianza para facerse máis fortes nesta segunda etapa xuntos. Este centro deportivo conta cunhas das mellores instalacións de toda Galicia: seis pistas cubertas, bar e unha das maiores e máis importantes escolas de pádel de toda a xeografía. Lucus Pádel estará na nosa web e redes durante todo o ano ao igual que nos diferentes eventos que fagamos. Pola súa parte, Futbolinlugo terá presenza fixa neste reputado club así como nos eventos que nel se realicen.

Ademais, como xa sabes, gústanos involucrar neste proxecto ao maior número de institucións posibles. Neste Nadal, un dos concellos con máis poboación e deportistas da provincia; quixo ser parte importante de Futbolinlugo. O Concello de Ribadeo chega a esta casa para ter unha destacada presenza na nosa web así como para albergar algún dos vindeiros eventos que realicemos.

Por último, non nos olvidamos dunha renovación que nos aleda especialmente. Deportes A Chaira seguirá con nós en 2024 e a sección da Segunda Galicia levará novamente o seu nome. Os Onces da Segunda Galicia, os Onces da Chaira!



Negociacións abertas e novos fenómenos xestándose

Aquí unha imaxe do I All Star Futbolinlugo, que chegará á súa cuarta entrega en Guntín

Agardamos que Ribadeo non sexa a última das nosas incorporacións, xa que temos varias negociacións abertas tanto con entidades públicas como privadas. Confiamos en pechar positivamente algunha delas para poder crear novas realidades e fenómenos neste novo ano.

Temos algúns proxectos en mente, dos que esperamos poder darvos conta pronto en caso de conseguir o financiamento necesario para convertelos en realidade. Chegados a este punto, recordamos que se algún lector está interesado en que a súa empresa ou entidade entre a formar parte do proxecto Futbolinlugo, só nos ten que facer chegar ese interese e nós facemos o resto.

Novidades para o próximo All Star de guntín

O que si vos podemos xa confirmar é que haberá un cambio importante no próximo IV All Star Futbolinlugo. Decidimos atender unha demanda realizada por varios adestradores cos que falamos semana a semana. Tres dos seis postos de seleccionador da gran festa do fútbol lucense serán elixidos por votación popular.

Futbolinlugo fará unha primeira escolla e publicará unha listaxe para que os nosos seguidores leven a Guntín aos tres técnicos e técnicas máis votados. A festa da xente, ao gusto da xente! Brindemos por un 2024 de éxitos e de moito Futbolinlugo. Seguimos!



2024, o ano de crecemento da comunidade Futbolinlugo

2024, o ano do cambio no fútbol

2024, o ano de crecemento da comunidade Futbolinlugo

De Segunda RFEF a Preferente…os desexos dos

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *