#Fútbol afeccionado #Entrevistas #Preferente Futgal

Pablo Rivas ‘Prosi’: «Non tiña claro se seguir xogando ou non»

O contrastado xogador mariñán Pablo Rivas ‘Prosi’ fichou hai un mes polo líder da Preferente: o Miño. Unha das sensacións desta tempada e, quizais, a gran sorpresa da categoría. Perderámoslle a pista despois do seu paso polo Ribadeo. E agora queremos desfrutar deste éxito con el!

Por iso quixemos entrevistalo nos micrófonos de Radio Lugo Cadena Ser o pasado xoves. O noso redactor Marcos Fernández e o presentador da Cadena Ser Alex Gato, foron os mestres de cerimonias.

Pódese escoitar a nosa participación íntegra aquí (ademais, analizamos as citas sobranceiras da fin de semana no fútbol feminino, a Terceira RFEF e a Preferente como cada xoves).

No tocante á entrevista, o central de Lourenzá, entrou ao detalle en cada unha das preguntas formuladas por Marcos e Gato. Analizou a marcha do seu equipo, o obxectivo real do Miño, a súa chegada ao conxunto coruñés… E mesmo falamos de futuro! Aquí vos deixamos o principal resumo dos temas tratados!



Colíderes por sorpresa? «É unha sorpresa en maiúsculas. É un equipo recén ascendido, a primeira vez que está en Preferente na súa historia e o obxectivo é a permanencia. Verse aí arriba é bonito pero non deixa de ser unha sorpresa».

Cal é obxectivo desta tempada? «A permanencia é o obxectivo real e prioritario. É certo que houbo fichaxes pero a inmensa maioría veñen de Primeira. Incluso de Segunda Autonómica e xuvenís».

Campionato Galego de Seleccións Comarcais de fútbol sala fase previa da zona norte que se xoga en Guitiriz, Begonte e Castro de Rei

Como chega Prosi ao Miño? «Eu xa levaba tempo adestrando con eles. Desde que deixei Ribadeo non tiña claro se seguir xogando ou non. Cádrame cerca da casa, hai anos que vivo na Coruña. Propuxéronme adestrar con eles e picoume o ‘gusanillo’… E estou para botarlles unha man».



Colgarás as botas en Lugo ou fóra da provincia? «Nunca se sabe. O fútbol dache moitas voltas. Unha vez establecido aquí será seguramente complicado volver á provincia. As viaxes son moitas e é un esforzo importante. Aínda que se faga con gusto».

Pablo Rivas ‘Prosi’: «Non tiña claro se seguir xogando ou non»

Os primeiros clasificados abren oco

Pablo Rivas ‘Prosi’: «Non tiña claro se seguir xogando ou non»

O partido en imaxes: Milagrosa – Riotorto

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *