Logo de cinco xornadas disputadas, o Celta Barreiros é o único conxunto lucense que conta os seus partidos por vitorias na Terceira Galicia, e lidera en solitario o grupo norte. A tres puntos está o Castroverde, que logo da derrota no Cascabeiro na primeira xornada sumou os doce puntos seguintes. O debutante Casás asoma na terceira poisición. No grupo sur houbo troco de líder. O Rubián venceu pola mínima ao Monterroso B e ocupa o primeiro posto logo da derrota do Páramo pola mínima diante do Corgo.
grupo norte
O Celta Barreiros sumou a quinta vitoria diante do Celeiro (2-0). Primeira metade parella na que ámbolos conxuntos tiveron ocasións para empatar e só Hugo tivo a puntería suficiente para poñer por diante ao cadro local. No segundo tempo os de Rubén Acebedo fixeron o segundo, obra de Miguel Casanova, nunha xogada na que o Celeiro reclamou fóra de xogo. Pouco despois, os visitantes quedaron cun home menos por expulsión de Silva e o Celta Barreiros contou con ocasións para ampliar o marcador.
Dous goles na primeira metade danlle a vitoria ao Castroverde fronte ao Rioaveso (2-0). Segue a racha dos de Fran Veiga. Comezou mellor o cadro local, pero foron os chairegos os que contaron coa primeira ocasión clara de gol. Sen embargo, foi o Castroverde o que levou o gato á auga. Gelo, tras regatear ao defensor, rematou por toda a escadra. O propio Gelo provocou o penalti que transformou Richard. Pablito puido sentenciar antes do descanso, pero rematou ao pao. Na segunda metade os dous conxuntos contaron con ocasións para anotar aínda que o marcador non se moveu.
O Casás golea sen piedade ao Matela (8-0). Gran partido dos de Álex Cortón. Ademáis do acerto cara a portería contraria, o Casás desplegou un bo fútbol, posiblemente o mellor do que vai de temporada. Maira foi o protagonista da primeira metade ao ser o autor dos dos goles cos que se chegou ao descanso. No segundo tempo Roberto fixo o terceiro e Veiga, capitán do Matela viu o segundo cartón amarelo. A partir de aí choveron os goles ata o final do encontro. Juan e Pin marcaron entrando desde o banquiño e Braian, que xa dera tres asistencias, pechou a conta goleadora.
O Cazás empata diante dun Goiriz que suma a cuarta igualada consecutiva (1-1). O Cazás foi mellor na primeira metada, na que logrou adiantarse cun gol olímpico de Iago, coa colaboración dun defensor. Os locales chegaron con certo perigo á área rival cun xogo directo. Cora axustou o centro do campo no intermedio e o Goiriz dominou o segundo tempo. Potillo fixo o empate e chegaron máis ocasións que non lograron concretar. O Cazás tivo unha contra moi clara para facer o segundo que non lograron definir.
A Comercial B vence ao Catro Roldas na Canteira (1-3). Foron mellores os locales no primiero tramo do encontro, pero un gol en propia porta que adiantou ao filial da Comercial descentrou aos de Koski. A partir de aí os lucenses colleron o temón do partido. No segundo tempo o Catro Roldas comezou mellor, pero foron os visitantes os que puxeron terra de por medio cun tanto de Pedride. Cadete sentenciou só cinco minutos máis tarde e xa preto do final Moha anotou o tanto da honra.
A Piringalla vence ao pechacanelas Friol B (1-3). Os de Bruno Castro lograron adiantarse no marcador cun gol de Roca. O Friol B foi claro dominador do encontro ata o ecuador do primeiro acto. A Piringalla non lograba atoparse cómodo na Reigosa, pero Cristóbal foi quen de igualar o marcador. O tanto desconcertou ao filial do Friol e Pedro anotou o segundo logo de varios rexeites. No segundo tempo, Cristóbal contou con dúas boas ocasións para facer o terceiro que non concretou. Co paso dos minutos e coa precaria iluminación do campo, a noite botouse enriba e as imprecisións foron as protagonistas. O xogo endureceuse e Hugo sentenciou xa no desconto.
grupo sur
O Rubián gañou un encontro anodino no campo do Monterroso B e é novo líder (0-1). Antes de comezar o encontro, o conxunto local fíxolle un homenaxe a Álex e Coto, ámbolos dous lesionados de longa duración. O partido resultou aburrido e con escasas ocasións de gol. O único tanto do encontro chegou a falta de doce minutos para o final, obra de Iván.
O Sober gaña pola mínima e racha a xeira do Santa Comba (1-0). Partido parello e moi competido que se decantou para o conxunto local cun gol de Jonatan no minuto 70. Na primeira metade o Sober contou con varias opcións de gol que non foi quen de concreetar e o Santa Comba reclamou penalti sobre Jorge. Na segunda metade os de Richard buscaron o empate, pero a boa defensa soberina impediuno.
O Corgo vence a un Páramo que cede o liderado (1-0). O Páramo foi mellor no primeiro tempo, pero non aproveitou as súas ocasións para poñerse por diante. No segundo tempo, os de Jony Lombardía erraron unha pena máxima e iso afectoulles psicolóxicamente. O Corgo aproveitouno e logrou o tanto do triunfo por medio de Sebas. O Páramo reclamou falta ao defensor nesa xogada. Nos últimos intres os de Abel Rochela contaron con ocasións para aumentar a diferencia.
O Relámpago Taboada golea á Sarriana B e abre oco nas posicións de play off (6-2). Encontro máis parello que o que reflexa o marcador. Os locales saíron moi mentalizados para sacar adiante o partido e xa foron quen de marchar ao descanso con dous encontros. Na segunda parte chegaron tres tantos máis e a reacción do filial sarriao chegou demasiado tarde.
Primeiro triunfo da historia para o Chantada Atlético B fronte ao Río Sil (2-0). Bo encontro do filial chantadino, sobre todo a nivel defensivo. Os de Ivi Gayoso apenas concederon ocasións a un Rio Sil que non tivo o seu día. Pablo no primeiro tempo e Miguel no segundo foron os autores dos tantos. O Chantada Atlético B contou con ocasións para que o marcador fora máis amplo.
Un Taboada B en inferioridade logra un punto in extremis diante do Bóveda (4-4). Comezou mellor o filial do Taboada, pero nun desaxuste defensivo conseguiu adiantarse o Bóveda, que non tardou en facer co dominio do encontro. Froito del chegou o segundo obra de Juander e a diferencia puido ser máis máis ampla pero Ledo detivo un lanzamento de penalti. Logo desta acción, de novo o Taboada B colleu o mando e logrou empatar con tantos de Tuiriz e Xavi. Xusto antes do intermedio o Bóveda fixo o terceiro. No segundo tempo o colexiado amosoulle o segundo cartón a Sergio por entender que simulou penalti e o Taboada B qeudou con dez. A acción foi moi protestada polos de Dani Ríos. O Bóveda parecía que sentenciaba o choque co cuarto tanto, pero nos últimos intres os visitantes lograron dous tantos malia xogar en inferioridade.