#Fútbol afeccionado #Terceira RFEF

Matela e Bóveda estrean o casilleiro de puntos

No grupo norte ningún conxunto foi quen de gañar na casa. O Celta Barreiros continúa no máis alto logo de derrotar ao Rioaveso e seguen contando os seus encontros por vitorias. Cazás e Castroverde ocupan o segundo e terceiro posto, respectivamente. O Matela sumou o seu primeiro punto fronte ao Goiriz. No grupo sur, o Páramo tamén suma tódolos puntos posibles e mantén dous de marxe sobre o Rubián. Sober e Santa Comba, en boa dinámica, contan con nove puntos. O Bóveda anotou o seu primeiro punto ao igualar coa Sarriana B.

grupo norte

O Celta Barreiros dalle continuidade á boa racha ao vencer no campo do Rioaveso (0-2). Primeira metade de estilos opostos. O conxunto local propuxo un fútbol máis combinativo fronte a un máis directo do Celta Barreiros. Os goles non chegaron ata o segundo tempo. Hugo transformou un penalti provocado por él mesmo e o Rioaveso a piques estivo de igualar ao estrelar un balón no pao á saída dunha falta. Co tempo cumprido Javi Andina sentenciou o encontro para os de Rubén Acebedo.

O Cazás establécese na zona alta tras derrotar ao Friol B na Reigosa (0-2). Comezaron ben os locales, protagonizando o dominio do balón e chegando con perigo á área rival. A ocasión máis clara para os de Bruno Castro rematou con balón no longueiro. Sen embargo, foron os chairegos os que lograron adiantarse á media hora de xogo nunha internada na área de Álex Muñiz. Na segunda parte, o Friol B quedou con dez pola expulsión do seu gardameta ao cometer falta fóra da area. No lanzamento Álex Muñiz converte o segundo tanto. O filial non se rendiu e contou cunha boa ocasión para recurtar diferencias. Preto do final o local Rober viu o segundo cartón deixando aos seus con nove.

O Castroverde suma a terceira vitoria consecutiva diante da Piringalla (0-1). Primeira metade con alternativas. O Castroverde comezou mellor e gozou dun man a man que salvou ben o gardameta Manu. Os de Fran Veiga tiveron o balón sen xerar moito perigo, mentres que o cadro local foi dominando paseniñamente o último tramo do primeiro tempo sen xerar moito perigo. Á volta de vestiarios, nun córnere, Xabi anotou o único tanto do encontro. Foron os mellores minutos do conxunto visitante. Lograron asociarse e xerar perigo ás costas da defensa rival ata xerar tres un contra un que non fructificaron ante un inspirado Manu. No último tramo a Piringalla tentouno cun fútbol directo que a zaga e o gardameta do Castroverde lograron controlar.



O derbi capitalino rematou con triunfo do Casás fronte á Comercial B (1-2). Os erros defensivos condearon á Comercial B. O Casás gozou de bos minutos ao comezo e Cristian puxo por diante aos de Álex Cortón. Non tardaron os locales en igualar por medio de Torito, que transformou un penalti. O gol deulle alas á Comercial B que foi mellor ata o descanso. Na segunda metade ámbolos conxuntos contaron con boas ocasións de gol. Cristian estrelou un balón no pao e os de Miguel Fernández, á contra tiveron as súas. A falta de doce minutos para o final, Dani a pase de Braian anotou o tanto da vitoria para o Casás. Os último minutos foron de asedio local, pero o empate non chegou.

O Goiriz suma o seu terceiro empate consecutivo no campo dun Matela que estrea o casilleiro de puntos (1-1). O Goiriz foi superior no primeiro tempo e foi quen de xerar un bo número de ocasións. A boa intervención do porterio Nacho evitou o gol visitante, ata que Héctor, aproveitanto un erro da zaga do Matela puxo por diante aos de Cora. No segundo tempo o encontro seguiu o mesmo guión ata que o colexiado ensinou cartón vermello ao gardameta Marcos por tocar o balón fóra da área. O Goiriz protestou moito a acción ao considerar que a acción do porteiro fora regulamentaria. Cun xogador de campo tivo que afrontar a última media hora e Felipe, nun disparo lonxano igualou o encontro.

Celeiro e Catro Roldas igualaron nun encontro vibrante en Trasvías (1-1). Os de Martín Rodríguez foron mellores no primeiro tempo. Balsa inagurou o marcador a pase de Xavi Goás. O Catro Roldas, que acudiu mermado polas baixas apenas chegou con perigo á área rival. No segundo tempo, os chairegos deron un paso adiante e lograron a igualada por medio de Moha. O cadro local protestou a acción ao considerar que existiu falta previa ao defensor. O Catro Roldas contou con algunha ocasión para darlle a volta ao marcador, mentres que o Celeiro estivo preto do tanto nos compases finais nunha boa ocasión de Xavi Goás.



grupo sur

O Páramo suma a cuarta vitoria consecutiva fronte ao Río Sil (3-2). O líder continua de pleno. Tivo que remontar o tanto inicial de Chomi nunha acción a balón parado. Antes do intermedio o Páramo igualou cun tanto de Hugo. O cadro local apenas concedeu máis ocasións ao seu rival. No segundo tempo os de Jony Lombardía meteron unha marcha máis e lograron dous tantos, obra de Juan e José, desde o punto de penalti, nunha acción discutida polo Río Sil. Nunha acción a balón parado Aarón recurtou diferencias.

O Rubián goleou ao Relámpago Taboada nun partido bronco (4-1). Encontro de dominio local. O Rubián marchou ao descanso con tres goles de diferencia, aínda que o cadro visitante protestou moito as decisións arbitrais ao considerar que existira fóra de xogo en dous dos tantos. No segundo tempo, o Relámpago recurtou diferencias por medio de Isaac, pero as esperanzas de remontada viñéronse abaixo coa expulsión de Nahuel, acción tamén moi discutida polos visitantes. Brian logrou o tanto da sentencia a falta de quince minutos para o final.

Cinco goles de Martín foron dabondo para o triunfo do Rubián sobre o Chantada Atlético (6-3). Os ataques foron claros vencedores sobre as defensas. O Sober amosouse superior e foi sempre por diante no marcador. O filial chantadino concedeu moito en defensa e viuse moi penalizado pola claridade atacante do Sober. Martín, que logrou cinco goles, sen dúbida foi o xogador máis destacado do encontro. Os de Ivi Gayoso non lle perderon a cara ao partido e ata o derradeiro tanto soberino contaron con opcións para sacar algo positivo.

O Santa Comba logra o seu terceiro triunfo consecutivo fronte a un Monterroso B que lamentou a grave lesión de Coto (2-0). Foi a mala nova do encontro, a grave lesión do monterrosino Coto, que sufriu rotura do tendón de aquiles. O filial monterrosino dominou a primeira media hora de xogo e contou con dúas boas ocasións de Yoni. O Santa Comba puxo o marcador en clara vantaxe con dous goles de Jorge xusto antes do descanso. O primeiro nun saque desde o curruncho e o segundo á contra. No segundo tempo, o conxunto local contou cunha boa ocasión nada máis comezar, e pouco a pouco o Monterroso B fíxose co dominio, sen que chegaran máis goles.

O Corgo reencóntrase coa vitoria no campo do Taboada B (1-2). Encontro igualado nunha primeira metade na que non se viron goles. Nada máis comezar a segunda o Corgo logrou adiantarse, pero na seguinte xogada o filial do Taboada igualou cun tanto de Rubén. Foron bos minutos dos de Dani Ríos, que non lograron reflexalo no marcador. A falta de dez minutos, Iago marcou para o Corgo un tanto que valeu os tres puntos.



O Bóveda empata no descanso para sumar o seu primeiro punto diante da Sarriana B (4-4). Encontro moi vistoso para o espectador con oito tantos. Moitas alternativas ao longo dos noventa minutos cunha Sarriana B, que comeozu mellor sobre o terreo de xogo a pesar de ir por detrás no marcador. A expulsión do gardameta local Mourelo resultou decisiva para o devir do encontro, sendo quen o Bóveda de igualar un resultado adverso de dous goles. o último deles no desconto logo dun penalti inocente que transformou Ángel.

Matela e Bóveda estrean o casilleiro de puntos

Pablo Castro resucita ao Sporting Lucense de

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *