#Fútbol afeccionado #Segunda Futgal

José Ángel: «O fútbol afeccionado é para disfrutar pero tómase en serio»

José Ángel González Rivas (Santa Comba, 1982). Un luxo para a noso fútbol afeccionado. Especialmente para o seu equipo: o Santa Comba. Tódolos domingos defende a portería do Tras do Novo. Algo que non lle resulta novo. Leva anos facendoo. E en escenarios moito máis impoñentes. Coma o Ángel Carro ou San Lázaro, entre outros. Con este interesante currículo, non nos quedou outra que falar con él. Así que aquí vos deixamos a conversa!

FUTBOLINLUGO: Boas José Ángel. Xa levas catro anos no Santa Comba. Como decidiches cambiar o fútbol semiprofesional polo afeccionado?

JOSÉ ÁNGEL: Decidín cambiar ao afeccionado por cuestións laborais. Son de Santa Comba e dixéronme de xogar alí con eles. É moi diferente ao fútbol semiprofesional. Tómase en serio tamén, pero totalmente distinto. É máis para disfrutar.

FIL: A qué clubes lle gardas máis cariño?



J.A: Ao Villalbés, é onde estiven máis anos. Logo a nivel de clube, quédome co Compostela. Alí xoguei en Segunda B e Terceira División. Alternaba co primeiro equipo e o filial.

José Ángel recibindo un galardón. El Progreso

FIL: Que botas de menos do fútbol semiprofesional con respecto ao afeccionado?

J.A: O fútbol semiprofesional dache máis seriedade e nivel de competitividade. Tes máis facilidades de todo e mellor. Mellores campos, balóns, arbitraxes…



FIL: Pregunta contraria. Qué ten que envexar o balompé semiprofesional do noso afeccionado?

J.A: Quizais o compañeirismo e a xente. Non hai esa presión, esa profesionalidade de ir ata o extremo. En categorías máis altas cada un vai ao seu.

En categorías máis altas cada un vai ao seu

FIL: Cal é o teu mellor momento nun terreo de xogo? E o peor?

J.A: Quédome ca fase de ascenso co Villalbés a Segunda División B. Iso é como ganar a Champions para o Real Madrid ou o Barcelona. E o peor momento o descenso co Lugo a Terceira División. Logo tamén lesións graves de compañeiros.



FIL: Semella que saen máis xogadores dende a nosa base cara o semiprofesionalismo que antes. Cal cres que é a razón?

J.A: A falta de diñeiro, coma en todos os lados. Pola falla de presuposto nos clubes. Saen, máis que nada porque non queda outra.

Saen máis xogadores porque non queda outra. Pola falla de presuposto nos clubes

FIL: Grazas Jose!

J.A: A vós!

 

José Ángel: «O fútbol afeccionado é para disfrutar pero tómase en serio»

Comezan as ligas provinciais!

José Ángel: «O fútbol afeccionado é para disfrutar pero tómase en serio»

Qué ver esta fin de semana? (16-17

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *