#Fútbol afeccionado #Feminino #Preferente Futgal #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Terceira Futgal #Terceira RFEF

Queres a túa camiseta persoalizada do All Star?

O III All Star Futbolinlugo non rematou o sábado en Mondoñedo. Por petición popular, pódelo levar ao teu fogar para sempre. Desde esta casa, fixemos caso á proposta de varios participantes e afeccionados. E poñemos á venda as camisetas e equipacións do último All Star.

Se queres ter un bonito recordo desta tempada, facer un agasallo ben guapo… este é o teu momento. Podes adquirir unha das equipacións exclusivas realizadas para este evento da man do noso diseñador propio en colaboración con Deportes A Chaira e Spall, marca líder en sublimación en España.

Tes a posibilidade de mercar calquera das camisetas de xogo (tamén as de porteir@) ou a equipación completa (camiseta e pantalón sen medias). En ámbalas dúas opcións, inclúese a total persoalización das mesmas. Nome e número a elixir polo cliente. Sublimación total!

Os prezos de compra son os seguintes: 30 € a camiseta, e 45€ camiseta+pantalón. A continuación, mostramos unha galería de imaxes na que se aprecian as diversas equipacións na súa totalidade.



O que si, o prazo para a súa reserva finalizará o próximo luns día 11 de xullo. Para poder facer así o pedido canto antes e que a teñas na túa casa o máis pronto posible! A reserva pódese facer a través do noso correo electrónico futbolinlugo@gmail.com ou falando con calquera dos catro redactores da web. Iso si, recordade indicar Nome, número e tallaxe (pode ser distinta en camiseta e pantalón).

Antes de pechar este artigo, queriamos dar as grazas aos nosos seguidores pola repercusión que está a ter o evento en redes. E polo bo número de reservas de equipacións que estamos rexistrando día tras día. Grazas!



Queres a túa camiseta persoalizada do All Star?

Contracrónica do III All Star Futbolinlugo

Queres a túa camiseta persoalizada do All Star?

Diario dun mercado. Episodio 353

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *