Comeza unha nova temporada no fútbol lucense, polo que tamén en Futbolinlugo. Entre outras moitas novidades, a clásica sección dos destacados das nosas redes cambia de data! Pasará de ser os mércores a ser os luns!
Terceira División, Preferente, Primeira Autonómica, División de Honra Xuvenil,.. xa temos en marcha un gran número de competicións, polo que cada vez é máis difícil escoller tres destacados entre todos os tweets e entradas de Facebook! Estes son os de esta semana…
- O pasado domingo fíxose historia en Vilalba. Por primeira vez, o Estadio Roca albergou un partido de División de Honra Xuvenil!
⚽
Día histórico.
Debut do xuvenil na DIVISIÓN DE HONRA.
Non puido ser con victoria.
RCV 1 – VAL MIÑOR 3
DISFRUTAR, COMPETIR, APRENDER. pic.twitter.com/LINQ6vXCHj
— RacingClub Villalbés (@racingvillalbes) 2 de septiembre de 2017
- Este fin de semana celebrouse nas Gándaras o IX Torneo de Verán Cidade de Lugo. Como todos os anos, foi un gran éxito, da man da organización do Sagrado Corazón! O Lugo foi o campión infantil e cadete, o Viveiro o xuvenil e o Orzán na categoría infantil feminino!
- Por outra banda, a SD Outeiro de Rei celebrou unha comida de inicio de temporada tras o remate do seu partido de onte. Non foi con victoria, pero a confianza reina no vestiario!
Comida de inicio de tempada da SD Outeiro de Rei pic.twitter.com/3wUfAhCqqV
— SD Outeiro de Rei (@SDOuteiroDeRei) 3 de septiembre de 2017