#Fútbol afeccionado

Diario dun mercado. Episodio 338

Comezamos este Diario dun Mercado coa posibilidade do nacemento dun novo filial. Todo apunta a que a Sarriana contará a vindeira temporada cun equipo filial, que nacerá co obxectivo de formar xogadores para o primeiro equipo.

Na Preferente, o Lemos renovou ao seu corpo técnico. Óscar Moure, que chegou ao banquiño da Ribela xa comezada a temporada e acadou o obxectivo da permanencia, continuará un ano máis á fronte do cadro monfortino. Juan Rodríguez seguirá como asesor deportivo do Lemos.

O Taboada confirmou a chegada ao banquiño de Martín Murado, onde afrontará unha nova etapa como adestrador. No Lourenzá continuarán varias dos xoves valores do equipo. Raúl, Jose, Diego Rivas e Luis xogarán un ano máis ás ordes de Roberto Ramallal.

Un chanzo máis abaixo, a Candelaria renova proxecto de cara a nova temporada. O capitán Simón Rodríguez colga as botas e pasa a ser o novo o ocupante do banquiño da Granda. Non contará no equipo co seu compañeiro Raúl Reigosa, que decide parar a súa carreira como futbolista.



José Adega renova o seu compromiso co Cabreiros. O pontés xogará a súa terceira temporada no cadro da Acea.

Foto de portada: Mariluz Fagín



Diario dun mercado. Episodio 338

Chantada Atlético e Ribadeo, á final da

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *