O San Roque precisaba un punto para estar na fase de ascenso. Pero soñaron ao grande. As de Quiroga non quixeron especular en momento algún e lanzáronse a pola vitoria nun encontro moi emocional. As verdibrancas realizaron un partido serio ante un Santiso que se xogaba tamén unha praza no play off. E fixeron os deberes con dous tantos consecutivos á volta do tempo de lecer. Éxito dun conxunto que só conta con dous anos de vida.
A alegría do San Roque estendeuse ao Sangoñedo. O Chantada precisaba gañar para non depender do que ocorrese en Montirón. Non o conseguiu pero accede igualmente aos play off de ascenso coa derrota do Santiso.
As vermellas viviron un partido de poder a poder. A tranquilidade inicial desapareceuno ecuador da primeira metade. O Arzúa adiantouse, empatando as de Gorry de novo ao instante. O Chantada golpeou de novo porén as da Terra do Queixo empataron ipso facto. A igualdade mantívose no segundo acto, con ocasións illadas para ambos equipos. A sorte no verde esquivou ás lucenses, que cometeron unha man dentro da área tras un rebote. Zaira non fallou desde os once metros e deulle o triunfo ao Arzúa. Iso si, foi a derrota máis feliz que se recorda por Chantada.
O San Lázaro non deu lugar á sorpresa nun derbi que non se decidiu ata a segunda metade. Unha combativa Comercial adiantouse nada máis comezar e Xiana empatou para as de Luchi. Despois do obrigado paso polos vestiarios, as da Ponte deron un paso adiante e acabaron goleando. A propia Xiana e Eukene asinaron sendos ‘dobretes’.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
No outro dos derbis da xornada, o campión tumbou a un Monte Forte mermado de efectivos. Nuria Meijide erixiuse no factor diferencial das amarelas ao conquerir ata catro goles. O conxunto de Cristian Penas disputou unha gran primeira metade, que finalizou cun golpe matador. Na última xogada, encaixou o 2-1. Un tanto que fixo moito dano.
As monfortinas acusaron o esforzo físico na reanudación e encaixaron catro goles máis en medio da superioridade das da Reigosa. De feito, o Monte Forte rematou o encontro con dez xogadoras polas molestias musculares dunha das súas integrantes. O PM Friol B concluiu a fase regular sen presentar adestrador, como xa nos ten acostumados.
O Carballedo sumou un valioso punto ante o Touro. As de Sementa e Adrián Rodríguez dominaron unha primeira metade na que fixeron o seu único gol. Ana Lamas transformou unha pena máxima para lograr esa mínima vantaxe. Na segunda parte, o Touro mellorou as súas prestacións e lanzouse descaradamente a polo triunfo. Non foron quen de conseguir a remonta pero empataron cun soberbio tanto. Un lanzamento á escadra ante o que nada puido facer Chusa, moi destacada na meta das do Catro Ventos. Vero puido deixar a vitoria na casa nunha gran ocasión, que se marchou fóra, en medio do asedio visitante.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)
Por último, a Milagrosa superou ao Cruces nun partido con moi pouco en xogo. A efectividade das de Héctor Expósito marcou as diferenzas. Ainara Silvosa finalizou o choque cun ‘dobrete’.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2022/12/SANLAZAROFEM_XIANA.jpeg)
O CD Lugo pecha a Liga ao grande, o Antas despídese con goleada ante o líder
O CD Lugo finalizou na terceira posición da Primeira Galicia despois de asinar un bo partido ante o Tomiño. Unha vitoria sen discusión ante un rival tan agresivo como sen sorte na presión alta.
As albivermellas controlaron o xogo en todo momento, adiantáronse pronto; e só a falla de puntería impediu un marcador máis amplo ao descanso. Tralo paso polos vestiarios, chegou a pausa necesaria e María certificou o triunfo co ansiado segundo tanto nos compases finais.
O Antas despediuse da categoría cunha inapelable goleada ante o todopoderoso líder. O Sárdoma B mostrou a súa superioridade ante as de Dani Abelairas, que non tiveron opción algunha.
O PM Friol suma un novo revés en medio das fatalidades
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2023/01/SCDMILAGROSAFEM_AINARA-1-2.jpg)
O PM Friol caeu pola mínima ante o Getafe nun partido plagado de desgrazas. A primeira delas o feito de ter que xogar sen porteira polas lesións de Munteanu e Arcos. Iso si, Nere Lombardero mostrou un bo nivel nesa posición. A segunda, unha tempraneira lesión de Lizcano despois dun choque cunha rival. Eses foron os únicos puntos que conseguiron as de Covi Regueiro nesta última data…
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/12/senmas3.jpg)
E a última das fatalidades foi o propio gol. Minuto 45 e Nere Rodríguez buscou atrás a Nere Lombardero. Aí apareceu soa Andrea Recio, para regatear á de Pontenova e marcar a pracer. Despois de aguantar as acometidas visitantes durante un bo anaco, chegou o tanto no momento menos pensado. Un golpe definitivo, xa que a segunda metade apenas deixou oportunidades.
Resultados da xornada
PM Friol 0-1 CD Getafe
CD Lugo 2-0 Tomiño
Sárdoma B 10-0 Antas
PM Friol B 6-2 Monte Forte
San Lázaro 5-1 Comercial
San Roque 2-0 Santiso
Carballedo 1-1 Touro
Arzúa 3-2 Chantada
Cruces 0-3 Milagrosa
O futuro dos equipos lucenses, derbi incluido
Primeira rolda play off de ascenso a Primeira Nacional (partido único)
CD Lugo – Atlético Arousana
Primeira rolda play off de ascenso a Primeira Galicia (partido único)
San Lázaro – San Roque
PM Friol B – Brexo Lema
EFF Rosalía – Chantada
Primeira rolda play off de descenso a Terceira Galicia (partido único)
Monte Forte – Discalzas
Cultural Maniños – Carballedo
Orzán B – Milagrosa
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2023/05/AINHOA-PLAZA-4.jpg)