Os máxicos os seus equipos afrontan o treito final da competición con moitas cousas en xogo!
Chantada Atlético 0-2 Monterroso: gran vitoria do Monterroso no Sangoñedo. Os locais estiveron ben no primeiro tempo e gozaron de ocasións que non foron quen de materializar, mentres que os visitantes aproveitaron un balón a espalda para poñer o 0-1 xusto antes do descanso, obra de Lorenzo. O segundo tempo mantivo a mesma dinámica, con opcións para ambos conxuntos, ata que Bili sentenciou nunha falta indirecta logo dunha «cesión» do gardamallas local, 0-2.
Outeiro de Rei 1-0 Santaballés: gran victoria do Outeiro nun partido moi pechado con xogo directo por parte de ambos conxuntos. Un gran gol de Tichu desde fóra da área puxo o choque de cara para os locais e, pese a que o Santaballés procurou pechar ao Outeiro no seu campo, as defensas estiveron moi sólidas e o 1-0 se mantivo no electrónico ata o final do encontro.
Pol 0-1 Castro: tarde de fútbol directo, con moitas disputas, en Mosteiro. Os visitantes foron superiores ao longo da primeira metade, na que conseguiron o gol aproveitando unha boa ocasión. Os locais deron un paso adiante tras a reanudación, e tiveron opcións para facer o empate, pero o Castro fíxose forte en defensa e evitou o tanto local, 0-1.
Foz 3-0 Antas: pese á seriedade defensiva do Antas, dous erros defensivos no primeiro tempo puxeron o choque de cara para un Foz que sacou rendabilidade das súas opcións. O Antas estrelou no pau un balón logo da reanudación, pero os mariñáns tiraron de oficio e foron quen de sentenciar o choque co 3-0 final.
Xove Lago 1-0 Lourenzá: victoria de moito mérito para o Xove nun partido de ida e volta no que o Lourenzá levou a iniciativa, pero non tivo acerto de cara a porta. Carlos adiantou aos locais, pero o ‘Atleti’ non se viu abaixo e tivo bos minutos no segundo tempo nos que puido facer o empate. O Xove puido sentenciar á contra, pero Clemente freou ben as estocadas locais. Ao final, os tres puntos quedaron no Municipal.
Riotorto 4-1 Pastoricense: empezou ben o derbi para o Pastoricense, que se adiantou cun gran disparo desde a frontal e foi quen de manter a renda ata o segundo tempo, aínda que o Riotorto buscou o gol e tivo ocasións para anotalo. Na segunda metade, unha gran versión dos locais permitiulles remontar o partido, en parte grazas ao inconmensurable Pape, que asinou un hat-trick.
San Ciprián 1-2 Sporting Pontenova: partido vibrante na Veiga. Os locais dispuxeron de varias ocasións no primeiro tempo, e dúas delas estreláronse nos paus, mentres que os visitantes tamén gozaron de varias opcións. Porén, o electrónico non se movía pese aos intentos de ambos bandos. O Sanci estrelou outros dous balóns nos postes e o Sporting errou dúas ocasións claras antes de que Ioan asinara un doblete que lle deu a victoria ao seu equipo. Os locais maquillaron o resultado ao final, 1-2.
Atlético Escairón 1-1 SD Chantada: vibrante duelo no Saviñao, con dous equipos moi intensos e metidos no choque. A SD foi algo superior no primeiro tempo, pero Álex Delgado errou un remate claro e o Atlético Escairón aproveitou un centro de Julito rematado por Asier para poñer o 1-0. Xusto á volta dos vestiarios, os visitantes empataron por medio de Michi. Co 1-1, o partido se converteu nun ida e volta: o Escairón viu como lle anulaban un gol, a SD protestou un penalti sobre David, Guiti fixo unha gran parada para os seus… e, ao final, reparto de puntos nun choque moi disputado.
Burela 0-2 Taboada: foi superior o Burela no primeiro tempo, pero errou catro ocasións que deixaron con vida ao Taboada antes do descanso. Os visitantes saíron mellor na reanudación e conseguiron o 0-1 nunha falta directa botada por Diego. Mosky sentenciou o choque cunha gran acción ante un Burela que se atopa inmerso nunha mala dinámica, 0-2 na Marosa.