Un dos clásicos da provincia empeza hoxe a tempada: o Xove Lago. Semellaba que ía ser aos mandos de Kiko Rey porén, finalmente, a dirección das operacións recaerá en Miguel Sancomed. Como xa adiantou Futbolinlugo en exclusiva hai días.
Dende esta humilde casa, quixemos falar co novo técnico do cadro mariñán. Coñecer as súas sensacións e aspiracións. Aquí vos deixamos o resultado:
FUTBOLINLUGO: Boas! Antes de nada, cómo se atopa Miguel Sancosmed tras estas semanas tan intensas?


MIGUEL SANCOSMED: Ola. A experiencia máis ou menos vai sendo o que estabamos agardando. Agora cando empecemos a pretemporada, xa tomaremos o contacto directo co que a min me gusta: adestrar.
FIL: Cómo afronta Miguel Sancosmed o seu debut no fútbol afeccionado?

M.S: É a primeira experiencia como primeiro adestrador. Estiven de segundo adestrador en Villalba con David Páez na Terceira División uns meses. Eu despois continuei cos xuvenís. Afronto a experiencia con moita ilusión e medo ningún. Houbera a oportunidade outros anos de adestrar en sénior pero por diferentes motivos non me decidín por elo. Este ano chegou a oportunidade e foi moi rápido todo, polo tema que coñece todo o mundo.
FIL: Cando comezaron os contactos co Xove Lago?
M.S: Eu estivera falando antes cos responsables para facer outros temas co clube, non específicos de adestrador. Todo foi moi rápido, polo tema de que o outro adestrador non tiña os títulos. Foi todo moi fácil polas dúas partes, máis do que se pode pensar.
Eu estivera falando antes cos responsables para facer outros temas co clube, non específicos de adestrador
FIL: Tralo acordo, traballo a contrarreloxo non?
M.S: Evidentemente chegar así oblígache a facer todo máis rápido. A confeccionar un plantel a estas alturas de tempada, que xa está todo o mundo comprometido… Aínda temos que axustar as posicións. Temos un plantel curto pero de garantías. O que se poida incorporar será beneficioso para todo o mundo. Ao ser todo tan precipitado, hai que acelerar todo o proceso e cambiar certas cousas que queres á túa maneira.
Temos un plantel curto pero de garantías

FIL: Finalmente, vai estar Kiko Rey tamén no banco?
M.S: En principio estou eu solo. Kiko só se vai adicar ao fútbol base. Outro dos hándicaps que teño agora e que todos os que me viñan axudando están comprometidos. De momento non conseguín, alguén que me axude este ano. Sigo buscando porque é primordial ter dous adestradores nun equipo.
FIL: Comentado o equipo técnico, toca falar dos seus xogadores.
M.S: En canto aos xogadores a adaptación vai ser máis fácil. A máis da metade do plantel xa os adestrei en xuvenís. E aos que non teño coñecemento deles doutros equipos ou teño trato personal con eles. A adaptación non vai ser problema.
De momento non conseguín, alguén que me axude este ano. Sigo buscando porque é primordial ter dous adestradores nun equipo
FIL: Preocúpalle o alto nivel competitivo que se agarda este ano?
M.S: Todos os arrastres e descensos fan que se supoña unha liga moi competida na zona alta. Con grandes equipos que terán a ilusión de volver á categoría onde estaban. Todas as ligas son complicadas, dunha maneira ou outra. O ano pasado xa foi complicado e moitos equipos que pensaban estar arriba, non estiveron. Nós trataremos de empezar ben, cun alto ritmo competitivo, que nos otorgue a tranquilidade para afrontar a competición dunha maneira máis cómoda.
FIL: Cal é o obxectivo do Xove Lago nesta campaña?
M.S: O obxectivo do Xove está en competir dende o primeiro partido. Ser un equipo difícil de ganar. Non quero poñerme obxectivos, é o peor que que se pode facer antes de comezar a Liga. Trataremos de competir con todos os equipos, ser un equipo forte e que sexa complicado meternos man. É un proceso largo, iso sí, que non se consegue en dous días. Trataremos de chegar ás primeiras xornadas co ritmo competitivo necesario. Logo o fútbol a ver onde nos pon. Non renunciamos a nada pero non temos un obxectivo claro.
Non quero poñerme obxectivos, é o peor que que se pode facer antes de comezar a Liga
FIL: Qué opinión lle merece a esixencia dos títulos para adestrar?
M.S: Os que estivemos sacando o título sabemos que se vía vir. Non sei se tan de repente coma este ano, pero os que estamos no mundo víñannos avisando. A min paréceme ben pola xente que nos gastamos os cartos, o tempo e o sacrificio. Non era fácil compatibilizar isto con adestrar e traballar. Así que paréceme o lóxico. O problema que hai quizais é o das categorías. Estou dacordo en que ter un título non significa nada para poder adestrar. Dalgunha maneira había que legalizar esta situación porque, ao final, en calquera sitio esixen un título para poder traballar. Por último, quero darlle as grazas a Kiko Rey. Él é un dos artífices de que esté no Xove Lago e axudoume moito. Pola súa parte, estou moi agradecido.
FIL: Grazas e sorte, Miguel.
M.S: A vós!