Onte ao bordo da medianoite, a Real Federación Galega de Fútbol deu a coñecer os seus calendarios da Terceira División e a Preferente Norte para a campaña 2017-2018.

Na Terceira División, o noso único representante debutará o domingo 20 de agosto. O Rácing Villalbés xogará a domicilio e ante un dos favoritos ao campionato: o Bergantiños. O cadro dirixido por Óscar Gilsanz finalizará a competición regular o 13 de maio na Magdalena. O rival será o Laracha. Podes consultar o resto do calendario no seguinte enlace:
Na Preferente Norte dous derbis lucenses para comezar. Tichu recordará o seu pasado máis próximo ante o Castro no Pepe Barrera. Duelo especial para a fichaxe estrela do Ribadeo. O outro encontro provincial será o Atlético Escairón-Polvorín. Nesta xornada inaugural tamén teremos os seguintes duelos: Viveiro-Órdenes, Residencia-Estudiantil e Dubra-Outeiro de Rei. Todos estas citas se celebrarán o mesmo día: domingo 27 de agosto.


A competición rematará o 27 de maio. Teremos outros dous derbis: Residencia-Outeiro e Viveiro-Castro. Os outros encontros con participación lucense serán os seguintes: Ribadeo-Xallas, Atlético Escairón-Sofán e Polvorín-Estudiantil. O resto dos partidos ligueiros, podédelos ollar no seguinte enlace:
