#Fútbol afeccionado #Terceira Futgal

O Racing Vilalbés B mantén a portería imbatida logo de tres xornadas

Racing Vilalbés B e Rioaveso comandan a clasificación do grupo norte con sete puntos, xusto por diante dun Mondoñedo que afrontou a súa xornada de descanso. No grupo sur, Rubián, Taboada B e Castroverde, todos eles con sete puntos lideran a táboa logo dunha xornada con goleadas a domicilio do Santa Comba e o Quiroga.

grupo norte

O derbi entre Catro Roldas e Racing Vilalbés B remata sen goles (0-0). Foi mellor o conxunto local na primeira metade e contou cunha boa ocasión de Moha. O filial do Racing dispuxo dun man a man de Samu que detivo Pedro. Os de Iván Lamas melloraron na segunda metade e tiveron varias ocasións para anotar, a máis clara un testarazo de Cadra ao pao. O Catro Roldas contraatacou cun Moha moi activo na punta de ataque.

O Rioaveso é colíder logo de remontar o tanto inicial do Celeiro (1-2). Non puido comezar mellor o encontro para os de Martín Rodríguez co tanto de Adri no primeiro minuto. Foi mellor o Celeiro na primeira media hora cunha gran actuación de todo o equipo e tiveron ocasións para ampliar diferencias, pero o gardameta Guille estivo moi atinado. O tanto do Rioaveso chegou pasada a media hora de xogo, obra de Jose e a partir de aí os de Manuel Veiga colleron a iniciativa. Na segunda metade Mario, de falta, fixo o segundo. No último tramo o Celeiro lanzouse a polo empate e Guille voltou a resultar decisivo.

Nuevo Nausti e Comercial B empataron nun encontro cheo de goles (3-3). O cadro vilalbés gozou de dous goles de vantaxe na primeira metade, pero o espíritu de superación dos lucenses levounos a igualar. Encontro sen moito fútbol, con máis dominio dos visitantes. O Nuevo Nausti mantén a súa condición de invicto.



Triunfo claro do Friol B ante un Abadín escaso de efectivos (3-0). Resultado máis abultado que o reflexado no terreo de xogo por ámbolos dous conxuntos. A primeira metade foi de dominio local, cun Abadín replegado na procura de saídas á contra. O Friol B abriu a lata aos 33 minutos cun tanto de Piñe logo de varios rexeites na área. Foron os mellores minutos dos de Bruno, que puideron ampliar diferencias. Os visitantes reclamaron un penalti por man dun defensor friolista. Na reanudación o Abadín saiu na procura do empate, pero a profundidade de banquiño do filial do Friol rematou por decantar a balanza e chegaron os dous tantos da sentencia.

O Cazás acada o primeiro triunfo da temporada no feudo do Matela (0-2). Encontro que se decidiu nos últimos minutos de xogo, pero que comezou con dominio local. O Matela dispuxo de tres ocasións claras para marcar, pero non estivo atinado. O Cazás quedou cun home menos á media hora de xogo por expulsión de Roberto, que entrara no campo dez minutos antes en sustitución do mancado Efrén. A segunda metade foi dominada por un Cazás que soubo xogar en inferioridade e nos últimos compases logrou o triunfo con tantos de Juan e Luis.

grupo sur

O Rubián é líder logo do empate no campo do Palas (1-1). Os dous goles chegaron ao comezo do encontro, en erros defensivos. Víctor adiantou ao Rubián e pouco despois Chispi anotou en propia porta, establecendo o empate para o Palas. Encontro igulado e resultado xusto cun tempo para cada equipo.



Monterroso B e Taboada B igualaron no choque de filiais (2-2). O conxunto local comezou mandando cun tanto de Yoni, pero no segundo tempo un erro do gardameta supuxo o empate. De novo Yoni, nun saque desde o curruncho puxo por diante aos de Javichu, pero no desconto, nun lanzamento de falta lonxana o Taboada B anotou o segundo tanto, co que se mantén invicto. Os erros defensivos condearon ao cadro local, nun encontro con moitas ocasións de gol.

O Castroverde aséntase na zona alta logo de golear ao Sober (4-1). Comezou ben o encontro para os de Fran Veiga cun tanto de Gelo aos dous minutos de xogo e con ocasións para ampliar diferencias. Pero o Sober, nunha acción aillada logrou o empate nun penalti transformado por Juanpi. O Castroverde repúxose e logrou poñerse por diante cun novo gol de Gelo. Na segunda metade chegaron dous tantos máis, ambos anotados por López.

O Santa Comba infrinxiu unha severa goleada ao Relámpago Taboada (0-9). Nove tantos anotaron os de Ángel Merino no Anexo á Medela, aínda que só un nos primeiros corenta e cinco minutos nos que o Relámpago fixo un bo encontro. Jaime, que logrou un hat-trick, abriu a lata nun primeiro tempo, no que o Santa Comba se atopou coa boa actuación do porteiro Gonzo. No descanso, o técnico visitante axustou o equipo e chegou a goleada, acadando os últimos catro goles en tan só oito minutos.

O Quiroga goleou ao Bóveda nunha gran segunda metade (0-5). A primeira parte resultou parella, co conxunto local chegando con perigo á área rival, chegando a estrelar un balón no pao. O segundo tempo só tivo unha cor, a verde do Quiroga. Mavilo abriu a lata cun auténtico golazo desde longa distancia e a entrada do recente fichaxe Sergio Pollo revitalizou o ataque dun Quiroga que logrou catro tantos máis, obra de Iván Coba e José, por partida dobre.

O Incio derrota ao Páramo no Carboeiro e logra o segundo triunfo consecutivo (3-2). Non foi un bo primeiro tempo do Incio, pero malia todo logrou ir ao descanso con dous tantos de vantaxe. Na segunda metade, o cadro local acusou a lesión de Nacho e o Páramo barreu por completo aos locais e conseguiu igualar o marcador. O castigo puido ser peor para os de Julio Corral, pero unha xenialidade de Pombo fixo que os tres puntos quedaran na casa.



O Racing Vilalbés B mantén a portería imbatida logo de tres xornadas

O Meira, único que fai pleno no

O Racing Vilalbés B mantén a portería imbatida logo de tres xornadas

A Porra de Futbolinlugo, 5

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *