Os Máxicos defenderon a ultranza as súas cores ao longo da fin de semana.
Santaballés 3-1 Monterroso: o Santaballés asinou un partido moi serio na Liga. Conseguiu o primeiro na primeira metade e, cando mellor estaba o Monterroso, fixeron o segundo. Un penalti serviu aos vermellos para recurtar diferenzas, pero os chairegos sentenciaron na última acción do choque.
Castro 2-1 Chantada Atlético: gran primeira parte do Castro, que se saldou co 1-0 ao seu favor. Xusto antes do segundo tempo, os locais puxeron o 2-0, pero o Chantada Atlético mellorou e recurtou diferenzas. A partir do 2-1 os visitantes embotellaron a un Castro que soubo defender e sufrir para sacar tres puntos que os manteñen en zona privilexiada.
Antas 1-2 Outeiro de Rei: dominio do Outeiro nun campo moi complicado. O xogo directo foi o protagonista, pero os visitantes fixeron o 0-1 nunha boa presión na primeira xogada do partido. O Antas mellorou na segunda metade, e pese a que o Outeiro fixo o 0-2, os locais recurtaron diferenzas na seguinte acción. Na recta final, os balóns largos dos celestes puxeron en apuros ao Outeiro, pero o 1-2 se mantivo no Castro Seoane.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
Lourenzá 0-2 Pol: o Lourenzá saiu mal nunha primeira metade na que o Pol foi o dono do medio do campo e, froito dese dominio físico e futbolístico, chegou 0-2 ao tempo de descanso. Tras a reanudación, os locais tiveron máis paciencia con balón e inquedaron a meta visitante, pero a férrea defensa do Pol impediu que o Atleti anotase e o electrónico se mantivo no 0-2.
Pastoricense 1-1 Foz: logo dunha primeira parte sen dono, o Pastoricense fixo o 1-0 por medio dun penalti. No segundo tempo, o Foz introduciu cambios e provocou un novo penalti que supuxo o empate, 1-1. O Foz tratou de colgar balóns á área, mentres que os locais buscaron facer dano por medio de contragolpes, pero o resultado non se moveu.
Sporting Pontenova 1-3 Xove Lago: igualdade na Mina pese ao resultado final. O Xove tentaba achegarse, pero un bo fútbol combinativo do Sporting poñía en apretos aos visitantes. Porén, os verdes deron un paso adiante e conseguiron tres tantos que lles outorgaron unha clara vantaxe, 0-3. O Sporting non se rendiu, fixo o 1-3 e a piques estivo de anotar máis goles, pero o Xove mantivo a renta.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)
SD Chantada 1-0 Riotorto: o Chantada dominou o balón ao comezo e conseguiu un tempraneiro tanto logo dunha falta lateral. O Riotorto seguiu defendendo e buscando contragolpes ata a segunda parte, cando os visitantes comezaron a gañar soltura con balón e apretaron a meta do Sangoñedo, pero o empate non chegou, 1-0.
Burela 1-0 San Ciprián: duelo marcado polo forte vento e polo mal estado do terreo de xogo. O Burela tivo a posesión, mentres que o Sanci priorizou a defensa. Aínda que os verdes melloraron no segundo tempo, non foi ata o 86′ cando Jairo rematou un centro lateral para deixar os tres puntos na Marosa.
Taboada 0-2 Atlético Escairón: poucas chegadas nunha primeira parte na que tan só Sergi, logo dunha falta lateral, foi quen de abrir a lata e poñer o 0-1. O Taboada adiantou as liñas tras o gol, e o segundo tempo destacou polas idas e voltas. Unha obra maestra de Asier desde o medio campo supuxo o 0-2 que afundiu aos locais e permitiu sumar de tres aos de Montoto.
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2022/10/Maxicos-1.jpg)