Deu comezo a Terceira Autonómica, e polo tanto, todo o fútbol provincial xa está en marcha. Goleadas nos dous grupos, algunha un tanto sorprendente, pero tamén encontros apretados e cheos de emoción. Nuevo Nausti no Norte e Taboada B no Sur son os primeiros líderes da temporada.
Grupo norte
O Nuevo Nausti deu a campanada e logrou unha goleada en Trasvías diante do Celeiro (0-6). O cadro local, moi nervioso, non amosou a boa imaxe da pretempada. E aínda que se puido poñer por diante nunha boa ocasión que salvou Manu Jr, os chairegos foron superiores, cun Cristian en estado gracia, autor dun hat-trick. Héctor, que voltou logo dun longo periodo de ausencia, logrou marcar.
O Catro Roldas venceu na Canteira a un debutante, o Comercial B (2-0). O cadro local foi superior e gozou de boas ocasións de gol, diante dun rival que pagou a novatada con algunha falta de concentración que lle costou caro.
Tamén comezou ben o Rioaveso, cun triunfo por cero a tres no campo do Matela. O encontro comezou moi trabado, pero a partir do gol de Lingas de penalti, os chairegos foron superiores, sobre todo a partir do segundo tanto.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
No choque de filiais saiu vitorioso o Racing Vilalbés B fronte ao Friol B (0-3). Os de Iván Lamas, no seu primeiro partido oficial. Os visitantes foron mellores na primeira metade e deixaron o encontro sentenciado antes do descanso. Gabri en dúas ocasións, unha de penalti, e Diego Ferreiro foron os autores dos tantos. Na segunda parte o filal do Friol tivo máis o balón, pero non foi quen de marcar. Ámbolos conxuntos remataron con dez.
O Mondoñedo tivo que remontar, pero acabou goleando ao Cazás (4-1). Igualdade na primeira metade, con poucas ocasións, agás un gol para cada equipo. O dos visitantes nunha bonita xogada combinativa. O do Mondoñedo xa moi preto do intermedio. Na reanudación, os de Isra saíron moi enchufados e acadaron dous goles en só cinco minutos, un deles nun penalti moi protestado polo Cazás.
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2022/09/XORNADA-1-1.png)
grupo sur
No derbi o Taboada B deu boa conta do Relámpago Taboada e é o primeiro líder (0-6). Sen ser o mellor encontro dos de Dani Ríos foron superiores ao longo dos noventa minutos. Os erros defensivos castigaron moito a un Relámpago que se atopou coa inspiración de Pita.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)
O Santa Comba goleou ao Quiroga (0-4), en parte grazas ao instinto goleador de Jorge, que fixo tres dianas e ás asistencias de Soto. Os de Ángel Merino rendiron a bo nivel fronte a un Quiroga que non tivo o seu día. Incluso errou un penalti que os podía meter no encontro.
Monterroso B e Castroverde firmaron tablas no Anexo a Cerdeiriños (2-2). Encontro de alternativas, no que comezou mellor o conxunto local que foi quen de adiantarse por medio de Raulito. Os de Fran Veiga reaccionaron logrando a igualada. Cun home menos, o Castroverde quedou con dez e os de Javichu volveron a poñerse por diante a falta dun cuarto de hora para o final. Nunha contra chegou o empate obra de Borja.
O Palas derrotou ao Sober pola mínima (3-2). O cadro local foi superior na primeira metade, na que logrou unha renda de dous tantos. A segunda metade cambiou o encontro e o Sober puxo aos de Brais Vázquez en apretos, pero un erro defensivo dos soberinos aproveitouno Álvaro para poñer terra de por medio. Moi preto do final Martín fixo o segundo dos visitantes, pero xa sen tempo para buscar o empate.
O Rubián aproveitou os erros defensivos do Incio (0-2). Os visitantes deixaron o encontro encarrilado na primeira metade, na que foron superiores. Na segunda metade os de Julio Corral tentaron recurtar diferencias, pero non foi posible. O Rubián tamén gozou de ocasións para ampliar diferencias.
O Páramo remontou o tanto inicial do Bóveda para levar os tres puntos do Hermanos Somoza (1-2). Un tanto de Jony ao comezo do encontro puxo en vantaxe aos de Pasín, que tiveron que afrontar o partido con dez xogadores. O conxunto local encerrouse e ao Páramo costoulle atopar o camiño do gol. Nos últimos vinte minutos logrou a remontada con dous tantos de Antón.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/12/senmas3.jpg)