#Fútbol afeccionado #Feminino #Segunda Futgal #Terceira Futgal

Diario dun mercado. Episodio 322

Na Segunda, o Goiriz incorpora a Jaime para iniciar este Diario dun mercado. O central nado en Román chega procedente do Abadín. E os veciños do Xermade fichan ao dianteiro Joan, formado no Racing Villalbés. Por Brollón renovan Davicín e Pagaza pero perden a Casa para esta próxima temporada.

Na Terceira, o Palas renovou a varios pesos pesados do vestiario. O eterno Julián, Alvarito Palas, Marcos Senande e Tenerife selan o seu compromiso por unha campaña máis. Sen movernos desta categoría do Diario dun mercado, o Castroverde asegurou a continuidade de Borja Díaz. E no Relámpago Taboada, comunicaron as fichaxes de Rubén, André, Mini, José Antonio, Marcos, Raúl (Cospeito), Águila e Gonzo así como as renovacións de Gamallo e Perre.

No fútbol feminino, a continuidade do Antas semellaba pender dun fío despois de sufrir baixas importantes como Noe Pires ou Mery e atoparse a día de hoxe sen adestrador. No entanto, parece que o club está atopando xogadoras suficientes como para poder salvar a situación in extremis.

Por Friol manteñen un ano máis a súa política de fichaxes, apostando por incorporacións de fóra da provincia de Lugo. O primeiro equipo suma á causa a Marta Sáez, unha defensa de Barcelona que procede do San Luis de Menorca.



Pola súa parte, o filial contará esta campaña cun gran aroma olívico. O novo míster, Santi Vieitez, procede do Balaídos de Vigo ao igual que a defensa Valentina e as porteiras Nuria Meijide e Mahine. Tamén fichan, con pasado no Balaídos, á defensa María (Valladares) e á centrocampista Lara Viñas (sen equipo). Ademais, o porteiro do Pol Manu Cedrón será o adestrador das gardamallas do PM Friol así como os da base do EF Polvorín.

Diario dun mercado. Episodio 322

Diario dun mercado. Episodio 321

Diario dun mercado. Episodio 322

A final da Copa Deputación en imaxes:

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *