#Fútbol afeccionado #Terceira Futgal

Catro equipos de Terceira rematarán marzo festexando o ascenso

Xa coñecemos o calendario dos 23 conxuntos lucenses de Terceira Autonómica. Dividiranse en dous grupos. 11 equipos formarán o grupo norte e 12 o grupo sur.

A competición comezará o vindeiro 24 de setembro e contará de 22 xornadas. Non se xogará polo Nadal, deténdose a liga o 18 de decembro e retornando o 14 de xaneiro.

No norte un dos conxuntos descendidos, o Abadín descansará na xornada inagural, mentres que o Mondoñedo, que afronta o seu novo proxecto da man de Isra, debutará no Viñas da Veiga fronte ao Cazás. Neste grupo dous conxuntos farán o seu debut na competición. Son os dous filiais. O Racing Vilalbés B visitará a Reigosa para medirse ao Friol B, mentres que a Comercial B xogará no campo do Catro Roldas. O derbi mariñán entre o Celeiro e o Mondoñedo xogarase o 12 de novembro, na sétima xornada.

O grupo sur depáranos na primeira xornada un derbi municipal entre o Relámpago Taboada e o Taboada B, así como un choque entre dous conxuntos recén descendidos entre o Bóveda e o Páramo. O Incio, que tamén perdeu a categoría na última temporada, e que pelexará por retornar a Segunda da man de Julio Corral debutará no Carboeiro fronte ao Rubián.



Ámbolos dous grupos rematarán, na súa primeira fase, o día 26 de marzo e ese día catro conxuntos, dous do norte e dous do sur, poderán festexar o ascenso a Segunda Autonómica. Do terceiro ao sexto xogarán un play off a doble partido, enfrontándose terceiro contra sexto e cuarto contra quinto. Os dous vencedores xogarán unha final da que sairá o terceiro equipo de cada grupo que acadará billete cara a Segunda. O encontro de ida xogarase no campo do peor clasificado na primeira fase.

A competición rematará o día 7 de maio de 2023.

O calendario completo de ámbolos grupos nas seguintes imaxes:



Catro equipos de Terceira rematarán marzo festexando o ascenso

A Segunda só descansará en Nadal e

Catro equipos de Terceira rematarán marzo festexando o ascenso

Diario dun mercado. Episodio 321

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *