Moito salseo na nosa Preferente Norte! O Castro segue a confeccionar un plantel de garantías. Non é sinxelo suplir a homes coma o irmáns González, Héctor ou Nano. Pero si traes a Diego Núñez ou a Fernandito, dende Monterroso, as baixas son menos baixas. O mediocentro cambia o vermello da Ulloa polo da Chaira. Calidade e experiencia para o equipo, posto que Fernandito xa xogou en Terceira División co Ribadeo. Nesta mesma categoría, a Residencia fixo unha nova aposta pola xuventude. O lateral esquerdo Álex Vázquez recala na Cheda para correr a súa interminable banda. Procede do CD Lugo de División de Honra xuvenil.
No Polvorín, tamén na capital, semella que Fernando ‘Jhon Cuadretti’ e o mister José Durán continuarán unha campaña máis. Por último, en Viveiro seguirán Xenxo e Alberto. Rouco deixa o equipo por motivos familiares. Ademais, Jandry Rego é novo adestrador do conxunto infantil.
Saltamos agora á Segunda Galicia. No grupo Norte, o central Uru defenderá unha campaña máis a elástica do Burela. No Sur, a Milagrosa pechou o retorno do extremo Faustino. Así mesmo, comunicou as baixas do meta Dani Pérez (Corgo), o centrocampista Gara (SD Becerreá) e Gonzalo Trigales, cuxo futuro podería estar en Madrid ou no estranxeiro. Por último, onte coñecíamos por boca do noso compañeiro César Méndez (Radio Galega) que Ángel Fraga sería novo porteiro do Cerceda de Segunda División B. O propio xogador confirmounos a súa incorporación ao cadro branquivermello, onde agarda ser un home importante.

