Esta historia remóntase á miña época no Lugo. Recordo que foramos xogar un amigable a Chantada. Estaban os Cuéllar, Paco Jémez… naquel equipo. Hai que dicir que Cuéllar aquel día non foi xogar, xa que nos campos artificiales non o facía.
O curioso de todo isto é que ao chegar alí, todos pensaban que era o antigo dianteiro de Betis ou Barça. «Mira Cuéllar, aí está», dicían algúns.

Pero esta non foi a única vez que me confundiron co dianteiro. Outro día estabamos na ducha e veu Paco Jémez por detrás. Eu estaba de costas, cando lle escoitei: «Hombre… ¿Cuéllar, qué tal?».

Tampouco foi a última. Unha vez foramos xogar a Alondras. Eu estaba no banco e Cuéllar estaba titular. Pois, miña avoa e uns tíos chegaron ao campo e dicindo: «Mirade, esta alí xogando titular».


Jorge Teijeiro Rodríguez ‘Marzán’. Xogador, do Riotorto. Marcou época no Escairón. Por Lugo aínda o confunden con Cuéllar