#Fútbol afeccionado #Terceira Futgal

A 3ª Rexional dividida xa en catro grupos para catro ascensos

A última categoría do fútbol afeccionado lucense rematou a pasada finde a súa primeira fase no norte e no sur. Castro e Lemos B xa tiñan asegurado o seu posto de cabeza neste primeiro tramo de competición. Só quedaban algunhas posicións por decidir, aínda que a importancia non é grande. Todos os equipos pasan á 2ª fase con opcións de ascenso.

Os dezaseis clubs que compiten na categoría repártense agora en catro grupos. A zona norte divídese en dous e a sur noutros dous. Quedan encadrados segundo as posicións da 1ª fase e pasan cuns puntos correspondentes ao feito ata o de agora. Non obstante, as diferenzas son mínimas. O equipo que quede campión de cada grupo, ascende. A 2ª fase comeza en dez días, a finde do San Xosé.

Na zona norte, o Castro B rematou a primeira parte a liga conseguindo un novo triunfo. Derrotou como visitante ao outro filial do grupo, o Friol B (5º). Sumou 34 puntos, tres máis ca o Catro Roldas que tamén gañou no seu derbi ante o Rioaveso (4º).

Tamén finalizou con tres puntos máis a Comercial (3ª), aínda que as sensacións non foron as mellores ante un Nausti (8º) que deixou unha boa imaxe na capital. O Celeiro (7º) e o Cazás (6º) empataron a un gol. Crende conseguiu anotar un gol de nivel para o conxunto xermadino.



GRUPO ASCENSO C1

1º Castro B (3 pts)

2º Rioaveso (2 pts)

3º Cazás (1 pts)



4º Nuevo Nausti (0 pts)

GRUPO ASCENSO C2

1º Catro Roldas (3 pts)

2º Comercial (2 pts)

3º Friol B (1 pts)

4º Celeiro (0 pts)



Na zona sur, o Lemos B non quixo perdela forma antes de iniciar a súa loita polo ascenso. Derrotou con claridade a un Relámpago moi xusto de efectivos. Os pupilos preparados por Perry sacáronlle unha vantaxe de once puntos ao seu primeiro perseguidor. Aínda que neste segundo tramo os puntos case se volven igualar de partido.

A segunda posición foi para o Sober que venceu pola mínima a un Castroverde que non foi quen de engancharse aos primeiros postos e finaliza na 6ª posición. Xusto antes de que a clasificación se rompa, debido a gran diferenza de puntuación cos equipos de Taboada.

Terceiro foi o Rubián que leva un 2022 máis irregular do que comezou a temporada. Aínda así, no último encontro venceu en Monterroso ante o filial por un axustado 2-3. Quinto quedou o Carballedo que empatou ante o Taboada B.

GRUPO ASCENSO C3

1º Lemos B (3 pts)

2º Monterroso B (2 pts)

3º Castroverde (1 pts)

4º Relámpago (0 pts)

GRUPO ASCENSO C4

1º Sober (3 pts)

2º Rubián (2 pts)

3º Carballedo (1 pts)

4º Taboada B (0 pts)

A 3ª Rexional dividida xa en catro grupos para catro ascensos

A Mila e o Antas triunfan no

A 3ª Rexional dividida xa en catro grupos para catro ascensos

O partido Fisioterapia Ronda . . .

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *