O PM Friol levou un empate agridoce de Abegondo. As rapazas de Covi deixáronse dous puntos no desconto porén o liderado segue en mans das lucenses despois do empate do Viaxes Interrías esta xornada.
Sufriu o conxunto da Reigosa nos primeiros compases. Consecuencia disto, chegou o primeiro tanto herculino. A partires do cuarto de hora de xogo, o PM Friol fíxose co partido, empatou e tivo ocasións suficientes para ir gañando ao descanso. Incluido un penalti fallado. Iso si, o segundo gol non chegou ata despois do paso polos vestiarios. O guion foi parecido na segunda metade. As visitantes sobrepuxéronse a un mal comenzo de reanudación para poñerse por diante no marcador. O PM Friol perdonou a sentenza e o Deportivo B empatou nunha falta directa en tempo de prolongación.
Na Primeira Galega, o derbi provincial tivo claro color albivermello. O Antas non se atopou cómodo en momento algún e cedeu ante un Lugo coas ideas moi claras e que impuxo o seu xogo. Tres goles nos últimos vinte minutos do primeiro acto desnivelaron a balanza a favor do cadro de Joaquín. Un Lugo que acumula tres xornadas consecutivas sen encaixar. O encontro entre o Bergantiños e o filial do PM Friol resultou adiado.
RESULTADOS DA XORNADA
Deportivo B 2-2 PM Friol
Antas 0-3 CD Lugo
EF Lalín 1-3 Chantada
Carballedo 2-2 Bandeira
San Roque 0-5 Santiso
Cruces 0-6 Monte Forte
Cruces 0-8 Milagrosa
A pelexa polo primeiro posto sigue a cara de can na segunda
Santiso e Chantada manteñen a súa particular loita polo liderado. Ambos conxuntos se atopan igualados a 37 puntos na clasificación despois de acadar sendas vitorias nesta xornada. Iso si, o principal rival das chantadinas conta cun partido menos disputado.
O cadro de Álex Cambeiro mantén o pulso tras superar a domicilio ao EF Lalín. Serio partido do Chantada, que deixou o tema resolto co terceiro gol no minuto 46. Iria asinou un dobrete ante un EF Lalín que marcou o tanto da honra no tramo final, ao aproveitar un erro defensivo das do Sangoñedo.
Pola súa parte, o líder asaltou A Polvoreira para golear a un San Roque que deixou unha gran imaxe. O Santiso, que sentenciou antes do descanso, fixo moito dano a balón parado. De feito, a maioría dos goles chegaron en saques dende o curruncho. As verdibrancas puideron marcar algún tanto á contra pero a pelota non quixo entrar.
A seis puntos cabeza queda un Monte Forte que xogou nun horario pouco habitual, o domingo ás 20.50 horas. Este feito propiciou baixas nas filas monfortinas. Aínda así, o cadro do Luis Bodegas terminou goleando. Elenita fixo un hat trick e Cheni, un dobrete. Porén o máis importante foi o dominio visitante e a recuperación satisfactoria de dúas xogadoras lesionadas, que volveron aos terreos de xogo.
No entanto, o Carballedo empatou na casa ante o Bandeira. O encontro foi igualado, aberto e con constantes alternativas. O cadro de Iban Crespo adiantouse por dúas veces nun partido limpo e sen apenas faltas. A pesares de que dous dos goles chegaron desde o punto de penalti. O último deles, no minuto 89 e en contra dos intereses lucenses.
Ademais, a Milagrosa superou con claridade ao Cruces no seu duelo adiado da xornada 15. As rapazas de Héctor aproveitaron a súa data de descanso para recuperar este partido pendente e sumar tres puntos máis. Oito goles, con sendos hat tricks de Ainara e o xa habitual de Leire. Por último, a Comercial non xogou esta pasada semana ao adiarse o seu duelo ante o Touro.