#Fútbol afeccionado #Primeira Futgal

O partido Fisioterapia Ronda . . . Riotorto – Pol: na procura dun triunfo pra reforzar aspiracións

Un dos encontros máis atractivos do fútbol lucense dispútase este domingo ás 16 horas no campo da Veiga, entre dous dos cunxuntos punteiros do subgrupo B da Primeira Autonómica. O Riotorto, necesitado de puntos para non afastarse da zona de privilexio, recibe ao Pol, invicto e con reforzos de luxo chegados no mercado invernal, ao igual que o seu rival. Arbitrará o colexiado focense Ron Valle.

O Riotorto conta con dezasete puntos e ocupa a cuarta praza empatado co Xove Lago. A irregularidade das últimas xornadas propiciou que os de Jon Vázquez non puideran seguir a estela dun Castro que ata o de agora se amosou intratable, pero a súa fortaleza como local convida ao optimismo ao Riotorto, que se é quen de sacar adiante o encontro situaríase a tan só un punto do Pol. Poderá debutar coa camisola vermella un dos clásicos do noso fútbol, Marzán, incorporado nas últimas semanas, procedente do Atlético Escairón.

Con catro puntos máis que o Riotorto está o Pol, segundo clasificado e invicto. O cadro chairego conta cun encontro disputado menos que os seus rivais ao non poder competir desde o pasado 19 de decembro. Os de Manuel Mourelos, candidatos ao ascenso en todas as quinielas, están a amosarse case que infalibles lonxe do Manuel Luna, cedendo só un empate no que vai de temporada no sempre complexo campo do Folgueiro. Ao xa coñecido potencial hai que engadir dúas fichaxes de auténtico luxo: Xaime, que vén de rescindir o seu contrato co Viveiro, e Rubén Pardo, que chega desde o As Pontes e conta con experiencia na Segunda B. Ámbolos dous forman parte da convocatoria e poderán debutar na Veiga.

O último enfrontamento entre os dous conxuntos na Veiga tivo lugar o 27 de outubro de 2019 e rematou con triunfo do Riotorto por dous goles a un. Samu e Fran Pastor anotaron para os locais e Nico Madero, hoxe central do Viveiro, recurtou diferencias para o Pol.



que opinan os protagonistas?

MANU CARREIRA (RIOTORTO)

  • Suplir a escaseza de efectivos. «Mantéñennos aí arriba as gañas de competir e a intensidade. Sabemos que na Veiga o equipo que se adiante do marcador ten un traballo importante feito e a partir de aí conservar a portería a cero e o resto vén sólo. Debemos seguir nesa liña».
  • O Pol. «É o gran favorito, xa que conta con grandes individualidades, pero os encontros decídense no campo e veremos quen é mellor sobre o verde. Debemos preocuparnos máis en non cometer erros, porque o domingo ben seguro que non levará os tres puntos o que mellor xogue, senón o que menos erros cometa».
  • A incerteza coa Covid. «É unha situación bastante complexa. Nós facemos test cada vez que nos xuntamos, en adestramentos e partidos, pero a xente ten medo polos familiares e polo traballo, que é lóxico. Nós por «sorte» somos poucos e para repartirnos á hora de adestrar e desplazarnos é máis sinxelo manter as precaucións».

PABLO RUÍZ (SD POL)

  • O retorno á Veiga. «Xogar alí cinco temporadas e que a metade da plantilla foran os meus compañeiros convirte o encontro en algo especial. Aparte de iso, son un equipo que están en playoff de ascenso e gañar nese campo sempre é complicado para todos os rivais».
  • O encontro. «Temos que facer un encontro moi serio e concentrados os noventa e cinco minutos. Creo que o que se adiante no marcador terá máis posibilidades. Son un equipo moi forte no no xogo aéreo ofensivo, sobre todo con Jesús Pablo. Si sabemos paralos teremos moito gañado».
  • Os máximos favoritos. «Para todos somos claros favoritos, xunto ao Castro, que está facendo unha gran temporada. Os nomes por si sós non nos garantizan gañar partidos, logo hai que demostralo no campo. Tanto Xaime como Rubén Pardo son dous xogadores con moitísima calidade e con experiencia en Segunda B e Terceira que nos van dar un salto de calidade que nos permitirá ter máis opcións de cumplir os obxectivos. Por iso os recibimos cos brazos abertos».

a axenda

TERCEIRA DIVISIÓN



  • Viveiro – Fabril (Domingo ás 12 horas en Cantarrana): encontro de urxencias. Os mariñáns precisan dun triunfo para saír da zona de descenso e recuperar sensacións logo da saída de Xaime. Enfronte os de Óscar Gilsanz, nunha mala xeira de resultados, pero coa perigosidade característica dunf filial.
  • Racing Vilalbés – Xuvenil Ponteareas (Domingo ás 16 horas na Madalena): os de Simón Lamas afrontan un importante partido, que de gañalo os colocaría ás portas dos postos de promoción de asenso. Non será doado ante un rival sempre incómodo que chegar logo de superar ao Arnoia.

PREFERENTE

  • Sarriana – Residencia (Domingo ás 16:30 horas na Ribela): encontro a priori desigual entre o líder, intratable no seu campo, e a Residencia, penúltimo clasificado e que non coñece a vitoria desde o mes de outubro. Pero nun derbi non existen favoritos.

PRIMEIRA AUTONÓMICA

  • Chantada – Monterroso (Domingo ás 16:15 horas no Sangoñedo): o conxunto local chega a este encontro no mellor momento da temporada logo de encadear catro triunfos consecutivos e olla de preto ao líder. Os de Diego Díaz, malia caer diante do San Roque, poden saír da zona de promoción de permanencia se son quen de gañar no Sangoñedo.

SEGUNDA AUTONÓMICA

  • Cabreiros – Xermade (Domingo ás 16 horas na Cea): derbi xermadino no que o cadro local, líder destacado do subgrupo, parte como teórico favorito. Enfronte un Xermade que non é quen de gañar desde o mes de novembro.
  • Ferreira – Brollón (Domingo ás 16 horas no Baliño): logo de seis triunfos en sete xornadas, o conxunto local quere darlle continuidade a esta boa xeira. Reciben aos de Chura, cuartos clasificados con tan só dous encontros perdidos en toda a temporada.

TERCEIRA AUTONÓMICA

  • Rioaveso – Nuevo Nausti (Domingo ás 16 horas en Paraños): derbi vilalbés no que un triunfo achegaría ao conxunto local ao liderato. Enfronte un Nuevo Nausti que quere seguir sumando.
  • Carballedo – Monterroso B (Sábado ás 18 horas no Catro Ventos): o filial monterrosino conta con dous puntos máis que un Carballedo que suma catro encontros sen perder. Tres puntos para achegarse aos postos de privilexio.

O partido Fisioterapia Ronda . . . Riotorto – Pol: na procura dun triunfo pra reforzar aspiracións

Armesto, dobrete para manter ao Rubián na

O partido Fisioterapia Ronda . . . Riotorto – Pol: na procura dun triunfo pra reforzar aspiracións

O anecdotario: «A forza do grupo», por

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *