#Fútbol afeccionado #Segunda Futgal

O partido Fisioterapia Ronda . . . Cabreiros – San Ciprián: o líder a proba diante dun infalible visitante

Afrontamos unha xornada atípica no fútbol lucense, marcada polo gran número de encontros adiados. A influencia da Covid-19 na sociedade en xeral non é allea ao noso fútbol e boa parte dos equipos da nosa provincia non disputarán os seus partidos nesta fin de semana. Os tres conxuntos de Terceira, tódolos de Preferente agás o Escairón que visita ao As Pontes, e un longo etcétera terán que descansar á espera de recuperar a ansiada normalidade.

Luca´s Grill

A esta hora, quen si se enfrontarán nun dos encontros máis destacados no panorama futbolístico lucense é o Cabreiros e o San Ciprián. Será o domingo ás 16 horas na Cea, co arbitraxe de Jorge Feijoo Trigo.

O Cabreiros é o líder destacado do subgrupo 1A con 21 puntos en oito encontros. Sete triunfos e tan só unha derrota, a sufrida na súa visita ao campo do veciño Xermade. O conxunto de Abel Rochela afronta un importante encontro diante dun rival directo na pelexa polo ascenso coa tranquilidade que lle outorgan os sete puntos de vantaxe co seu rival. O pichichi Marcos Seijo recuperou esta temporada o seu olfato goleador e será peza chave nas aspiracións do cadro xermadino.

Enfronte estará o San Ciprián, sempre favorito ao ascenso en tódalas quinielas. Terceiro na clasificación con catorce puntos, os mariñáns víronse penalizados na primeira volta pola súa mala xeira como local. Non foron quen de gañar na Veiga ata o primeiro encontro da segunda volta diante do Mondoñedo. Esta situación contrasta coa impecable racha a domicilio onde conta os seus encontros por vitorias.



O último enfrontamento entre o Cabreiros e o San Ciprián en terras xermadinas tivo lugar o 9 de febreiro de 2020 e rematou con triunfo local por tres goles a un. Dani López adiantara ao Sanci, pero nos últimos vinte minutos o cadro local remontou con tantos de Cazás, Christian e Beto.

a axenda

PRIMEIRA NACIONAL FEMININA

  • Peluquería Mixta Friol – Gijón (Sábado ás 16:30 horas na Reigosa): o cadro lucense tentará achegarse ao liderato diante dun conxunto astur situado na zona media baixa da táboa.
Moreno´s Pizza

PRIMEIRA AUTONÓMICA



  • Portomarín – Chantada Atlético (Domingo ás 16 horas no Chao da Poza): segundo contra terceiro. O que acade os tres puntos rematará no liderato á espera de que o Chantada dispute o seu encontro desta xornada.
  • Xove Lago – Alfoz (Domingo ás 16:45 horas no Municipal de Xove): os de Bruno Gómez afronta este encontro no mellor momento da temporada, logo de encadear tres triunfos consecutivos e miran cara arriba na clasificación. O Alfoz precisa dun triunfo para achegarse á zona de permanencia.

SEGUNDA AUTONÓMICA

  • Meira – Goiriz (Sábado ás 16:30 horas na Lomba): o cadro local, líder invicto, quere comezar o 2022 da mesma forma que rematou o 2021 e poñer terra de por medio na clasificación. O Goiriz, un conxunto difícil de batir, pode saír da zona de permanencia.
  • Becerreá – Sporting Lucense (Sábado ás 16:30 horas no Municipal): encontro entre dous conxuntos da zona alta da clasificación. O cadro local é líder cun só encontro perdido en toda a temporada, mentres que os lucenses son cuartos e precisan dun triunfo para afastarse da zona perigosa.

TERCEIRA AUTONÓMICA

  • Catro Roldas – Comercial (Domingo ás 16 horas na Canteira): enfrontamento co liderato en xogo. O cadro local ten un punto de vantaxe sobre o seu rival, unha Comercial que se mantén invicto na competición.

O partido Fisioterapia Ronda . . . Cabreiros – San Ciprián: o líder a proba diante dun infalible visitante

O anecdotario: «De rodas e cañas», por

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *