#Feminino #Fútbol afeccionado

Dous derbis de altura para despedir o ano na Segunda

  • Chantada 1-2 Monte Forte
  • Milagrosa 2-2 Comercial
  • Touro 6-0 San Roque

A última data competitiva deste 2021 só nos deixou xornada en Segunda Galicia. E non para todos os nosos representantes, xa que o Carballedo descansou nesta pasada fin de semana.

Foi unha xornada de derbis, na que o Monte Forte presentou a súa candidatura oficial ao ascenso. Deu un golpe sobre a mesa nun dos campos máis complicados da categoría, e deixando a cinco puntos a un posible rival directo. O Chantada, sen dar o nivel de pasadas datas, plantou cara en todo momento. O derbi resultou intenso e igualado. Por iso non se decidiu ata o minuto 80, co gol do triunfo de Cheni. Antes deste decisivo tanto, Henar xa adiantara as monfortinas. E Iria volvera empatar para as de Álex Cambeiro, no minuto 45.

Cheni decidiu o derbi do Sangoñedo

No outro derbi da semana, o capitalino, Comercial e Milagrosa asinaron táboas. As de Vivian Dors, con once xogadoras xustas e varias delas mermadas, fixeron unha primeira metade bastante discreta. Adiántaronse no marcador pero Leire, cun dobrete, deulle a volta á tortilla. Na reanudación, e cunha futbolista menos por uns mareos, a Comercial foi mellor e logrou arañar un punto no tramo final.

Por último, o San Roque perdeu ante un adversario da zona baixa, o Touro. As rapazas de Quiroga aguantaron ata case o descanso con nove xogadoras, pero as locais marcaron xusto antes do paso por vestiarios. Na reanudación, cunha futbolista máis que deu chegado ao campo, o San Roque acusou o esforzo e rematou goleado.



Dous derbis de altura para despedir o ano na Segunda

Máxicos Luca’s Grill. Xornada 9

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *