#Alevíns #Fútbol Base

Impresións dos adestradores na CDLU CUP

Este fin de semana disputouse no Anxo Carro a CDLU CUP, disputada entre alevíns de primeiro ano e organizada polo CD Lugo. As mellores canteiras da Península déronse cita estes días 24 e 25 de xuño para deleitar a pais, nais e amantes do fútbol.

O atracón futbolístico foi pantagruélico este fin de semana

Os partidos do sábado, correspondentes á fase de grupos, comezaron ás 9:30 e remataron ás 21:30. 12 horas de fútbol sen interrupción, todo un luxo para o espectador. Os conxuntos clasificados para os cuartos de final serían Celta de Vigo, Villarreal, Málaga e Porto como primeiros de grupo e Benfica, Santamariña, Sporting e Valladolid como segundos.

Os cuartos de final terían lugar o domingo pola mañá. Os vencedores enfrontaríanse nas semifinais (Celta-Málaga e Villarreal-Porto) tamén pola mañá, para agardar á disputa da gran final entre Málaga e Villarreal ás 17:30. O trofeo sería finalmente para o submarino amarelo, ao vencer a penaltis aos malagueños.



Futbolinlugo tivo a oportunidade de estar entre todos estes participantes (xogadores, corpos técnicos…) e recolleu algún testimonios dos distintos adestradores destes grandes equipos. Por exemplo, Jorge, do Villarreal CF sinalaba que «nun torneo así o que máis disfrutan os rapaces e mesmo o corpo técnico é a experiencia que adquirimos e a aprendizaxe que sacamos de acontecementos coma este». Tamén nos dicía que o principal obxectivo da canteira do Villarreal é sempre o crecemento tanto a nivel persoal como futbolístico dos rapaces.

Tamén falamos con Carlos, procedente igual que Jorge da Comunidade Valenciana, pero neste caso como adestrador do Valencia CF. Carlos dixo que «o entorno deste torneo é o que máis disfrutamos, pero tanto o hotel como o trato que recibimos desde que aterramos está a ser espectacular».

Ao igual que os valencianos, os andaluces fixeron un longo camino para chegar ata a nosa terra! Non obstante, coa súa alegría característica recibíronnos Claudio Carrascal e o seu delegado, responsables do Sevilla FC. Os da cidade da Xiralda sinalaban que «o máis bonito é ver disfrutar aos enanos, xogando contra as mellores canteiras españolas e estranxeiras. Son catro días de convivencia nos que todos disfrutamos. Ademais o estadio é moi coqueto, e estamos encantados co trato recibido».



Representantes de Málaga e Deportivo.

O outro representante andaluz no torneo foi o Málaga CF, adestrado por Fernando, quen coincidiu con Claudio na importancia da convivencia dos rapaces, e afirmou que os seus obxectivos eran «ser o máis competitivos posibles, chegar o máis lonxe a pesar de non ser favoritos, pero esperamos que o traballo diario de resultado».

Doutras comunidades viñeron equipos como o Sporting de Xixón, a SD Ponferradina, o Real Valladolid… No caso dos asturianos, o seu adestrador Jano dixo que «o máis destacado do torneo é o ambiente, e os rivais. É un premio para os rapaces por toda a temporada, coa CDLU CUP pechamos a campaña, e é unha competición que está moi guapa».

Os bercianos marcharon con mal sabor de boca na fase de grupos, pero o seu adestrador César Álvarez sabía que o seu obxectivo non era gañar o torneo, senón «aprender e disfrutar, non hai meta máis que aproveitar a experiencia e pasalo ben no terreo de xogo».

Lance do encontró entre Real Valladolid e Lalín EF.

Tamén de Castela-León visitou o Anxo Carro o Real Valladolid, cuxo adestrador, Roberto, afirmou que «esta experiencia é moi positiva para os pequenos. O marco é incomparable, e permitirá aos xogadores mostrar todas as súas habilidades».

O torneo non estivo exento de participantes galegos. Álex, adestrador do Real Club Celta de Vigo, xa coñecía a nosa páxina! Atendeunos cunha gran amabilidade e sinalou que «o atractivo do torneo é o estadio, un campo envidiable por equipos de Primeira División, no que trataremos de cumplir obxectivos como a formación dos xogadores. Gañemos ou perdamos, o básico é respectar o noso modelo de xogo con orde, coherencia, lóxica… e iso é o esencial».



 

Saltan ao campo os xogadores de CD Lugo e Calasanz.

O equipo anfitrión, o CD Lugo, tamén nos adicou o seu tempo por medio de Jaime Paz. Jaime dixo que «a gran oportunidade de xogar no estadio do primer equipo é increíble, disfrutaremos xogar contra equipos como Villarreal, Benfica…».

 

Cómpre tamén falar dos equipos galegos que gañaron un posto nesta CDLU CUP mediante a súa boa clasificación na Fase Previa. Un deles, o EF Lalín. O seu responsable Javier Soeiro dicía que «o mellor é superar a fase previa, pola alegría que supón para nós. Este torneo é moi bonito, porque sempre hai sorpresas, ogallá puidesemos ser nós. Non obstante, os rapaces pásano moi ben no torneo, e tamén nos días anteriores e posteriores aos partidos disfrutan. O difícil é que disfruten sobre o terreo de xogo, porque os nomes dos rivais ás veces asustan.

Outro equipo clasificado na Fase Previa foi o Calasanz de Samuel Montoto. Segundo Samuel, «disfrutas xogar contra equipos grandes, o campo de herba natural é increíble, xa que beneficia ao fútbol polo ritmo coa pelota. O sábado pasado gañamos e este torneo é un premio ao esforzó de todo o ano».

UD Santa Mariña de Vigo veu da man de Roberto, quen dixo que «a ilusión dos chavales é enorme, o obxectivo é que disfruten o día, e compartan a xornada de comeptición cos demais rapaces».

SD Ponferradina-FC Porto

A CDLU CUP non só contou con clubes españoles. O FC Porto chegou a Lugo adestrado por Nuno, quen nun perfecto galego explicou que «o nivel competitivo é o máis bonito de cara ao crecemento dos rapaces, ao igual que adquirir experiencia en distintos ámbitos socioculturais. Por último, xogar aquí tamén é gratificante».

Das nosas mans escaparon os adestradores dos outros tres equipos participantes: Real Club Deportivo da CoruñaVictoria FC SL Benfica. De seguro que os seus testimonios serían igual de interesantes que os dos demais integrantes dos corpos técnicos.

Queremos agradecer a todos os adestradores pola súa colaboración, así como ao CD Lugo por permitirnos o acceso a falar con todos eles!!!

Impresións dos adestradores na CDLU CUP

Diario dun mercado. Episodio 19

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *