#Fútbol afeccionado #Terceira RFEF

O Partido Fisioterapia Ronda . . . Viveiro – Racing Vilalbés: o derbi pon en xogo tres puntos vitais

Tardou en chegar, pero por fin está aquí o primeiro derbi provincial da Terceira. O Viveiro recibe no seu fortín de Cantarrana, o sábado ás 16:15 horas ao Racing Vilalbés. O encontro será dirixido polo colexiado coruñés Oreiro Hermida.

O Viveiro é decimoterceiro na clasificación, en zona perigosa, con trece puntos. Doce deles acadados no seu campo, onde tan só foi quen de saír vitorioso o Somozas. E é que o cadro mariñán atópase moi cómodo sobre o céspede do vetusto Cantarrana. Desde a chegada de David Páez ao banquiño, gañou como local os dous encontros e non recibiu un só gol. Cambian as cousas cando toca viaxar. Un só punto acadado a domicilio, na primeira xornada de liga en Santa Mariña diante do Choco é moi escasa renda para fuxir do perigo. Nunha semana de troco de xogadores, coas saídas de Brais e Sidibé, un dos goleadores do equipo, e a chegada de Do Carmo, que fai escasos meses se proclamou campión xuvenil co RC Deportivo, e Julián Nieto, o Viveiro buscará prolongar a súa boa xeira en Cantarrana.

No ecuador da clasificación atópase un Racing Vilabés que encadea cinco xornadas sen perder. Noveno con dezasete puntos, os de Simón Lamas precisan gañar para achegarse á zona onde se coquetea coa promoción de ascenso. A dinámica é moi semellante á do seu rival. Fortaleza na Madalena, pero non é quen de gañar fóra. O certo é que a fortaleza defensiva e o carácter competitivo dos chairegos serviulles para sumar catro valiosos puntos a domicilio. No derbi buscarán o seu primeiro triunfo lonxe do seu feudo.

Fai xustamente un ano do último enfrontamento entre ámbolos dous conxuntos. O 5 de decembro de 2020, o conxunto celeste daquela adestrado por Chusky derrotou ao Racing Vilalbés por dous tantos a cero. Facu e Rolle foran os autores dos tantos.



Falamos do encontro con dous xogadores que saben o que é vestir as dúas camisolas: Muíña (Viveiro) e Javi Rey (Racing Vilalbés).

que opinan os protagonistas?

MUIÑA (VIVEIRO)

  • Un encontro diferente. «Para miin é un partido especial. Considero ao Racing Vilalbés a miña casa e teño grandes amigo alí, pero dubido que alguén teña máis gañas de lograr os tres puntos ca min».
  • A clave. «Temos que seguir a liña dos últimos partidos na casa. Conceder moi pouco e aproveitar as ocasións que creamos. Tamén creo que o balón parado vai a ser determinante. Non teño especial preocupación polo rival, moito respeto como con calquer equipo, sabemos as súas virtudes e as súas debilidades e tentaremos saber aproveitalas».
  • O baixón a domicilio. «Coa chegada de Páez melloramos o rendimento aínda que as baixas tamén nos impediron rendir igual que na casa. Penso que é algo puntual que estou seguro de que cambiará pronto. Nesta categoría gañar fóra da casa é moi difícil, sen ir máis lonxe o Racing Vilalbés leva doce encontros sen gañar lonxe da Madalena. Ninguén regala nada».
  • As fichaxes. «Son xente nova, con moita ilusión por demostrar cousas e van aportarnos moito de aquí ao final de liga. Temos un adestrador que aposta polos xogadores xoves, na súa man está aproveitar a oportunidade».
Luca´s Grill

JAVI REY (RACING VILALBÉS)



  • O retorno. «Agardo o encontro con moita ilusión. Gardo grandes recordos das dúas etapas que pasei en Cantarrana e teño moitas gañas de enfrontarme a ex compañeiros e amigos».
  • A clave. «Creo que será moi importante dominar as dúas áreas para acadar os tres puntos. O que o consiga terá moito camiño andado. O Viveiro é un equipo que na casa está moi forte e domina moi ben o balón parado. Teremos que estar moi atentos nesas xogadas».
  • Irregularidade. «Os comezos de temporada sempre son complexos. Penso que agora o equipo está nun bo momento e veremos ata onde pode chegar. Nós sempre pensamos en ir a máis.
Moreno´s Pizza

A axenda

TERCEIRA

  • Polvorín – Rápido de Bouzas (Sábado ás 17:30 horas no Municipal de Pol): os de Álex Ortiz tentarán asaltar o liderato diante dun conxunto nunha gran forma. Os vigueses non perden desde a quinta xornada de liga.

PREFERENTE

  • Ribadeo – As Pontes (Sábado ás 16:15 horas no Pepe Barrera): Rafa Casanova volve á que foi a súa casa durante máis de dez anos e faino no banquiño visitante. Os celestes precisan dunha vitoria que os saque da zona de permanencia.
  • Residencia – Foz (Sábado ás 17:15 horas na Cheda): encontro trascendental na pelexa por saír da zona baixa. Os de Dani Galán tentarán contrarrestar a estrea no banquiño focese dun vello coñecido: Jesús Gayol.

SEGUNDA AUTONÓMICA

  • Sporting Lucense – Paradela (Sábado ás 18 horas no Rodríguez Lago 1): cuarto contra terceiro. Ámbolos equipos chega a este encontro logo de caer derrotados no seu último enfrontamento. Un triunfo achegaríaos á cabeza.

O Partido Fisioterapia Ronda . . . Viveiro – Racing Vilalbés: o derbi pon en xogo tres puntos vitais

Ponte na Terceira, pero sen descanso para

O Partido Fisioterapia Ronda . . . Viveiro – Racing Vilalbés: o derbi pon en xogo tres puntos vitais

O anecdotario: «Un imán para os alcumes»,

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *