Ponte na Terceira, pero sen descanso para Rioaveso, Nuevo Nausti e Castro B

O filial do Castro perdeu tres puntos ao acreditarse xogar con aliñación indebida no duelo ante a Comercial

Dúas xornadas por xogar quedan na Terceira Rexional antes de rematar o ano. Significará o final da primeira volta. Esta fin de semana da ponte da Constitución non haberá competición en xeral. Agás para tres equipos da zona norte. Este sábado xógase o Nuevo Nausti – Rioaveso adiado no seu día. O mércores festivo rematarase o encontro entre o Rioaveso e o Castro B suspendido na finde. Ambas citas serán de vital importancia pola zona alta do grupo norte.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza

Na quinta xornada da zona norte, xógabase un dos encontros entre dous dos posibles aspirantes ao ascenso de categoría. O Rioaveso e o filial do Castro igualaban a un gol en Paraños cando se parou o xogo. O árbitro lesiounouse nun sprint e o partido non puido seguir. Os minutos que faltan por xogar xa teñen data. O mércores pola tarde rematarase o encontro.

O CASTRO B, SANCIONADO CON TRES PUNTOS:

Deportes Élide

Trátase dun choque que sera de suma importancia para os dous equipos. Por un lado, o Rioaveso poñerase ao día cando xogue este sábado o encontro tamén aprazado co Nuevo Nausti. Polo outro, o Castro B afronta dende xa a clasificación con tres puntos menos na súa cuantía. O club foi sancionado logo de que a Comercial reclamase aliñación indebida dun xogador do cadro vermello no duelo que enfrontou a ambos. O Comité de Competición acredita que o xogador Aimar Veiga xogou no mesmo día dous encontros. Un co filial e outro co equipo xuvenil, cuestión que segundo o propio Comité «o regulamento non permite».

O Nuevo Nausti saíu o céspede da Reigosa con camisolas de apoio para o seu compañeiro Héctor. O xogador recupérase dun accidente doméstico. Foto: Cedida Nuevo Nausti

Dada esta situación, a Comercial é agora o líder do grupo. Cos tres puntos do partido ante o Castro B e tamén logo da súa vitoria ante o Celeiro. A semana de boas novas do conxunto preparado por Andrés Rodríguez completouse coa boa estrea do extremo Yago Rodríguez. O futbolista levaba un par de anos sen xogar e antes formou parte do Racing Villalbés xuvenil. No seu primeiro encontro coa Comercial xa foi protagonista cunha asistencia de gol.

Segundo clasificado con dez puntos é o Catro Roldas que rompeu a súa boa xeira de tres vitorias seguidas. Non puido gañar no Catro Ventos ante o Cazás (1-1). O central Bochi conseguiu o seu segundo tanto no que vai de curso para o equipo de Román. Logo de Castro B e Rioaveso, aparece na clasificación o Friol B. O cadro friolés derrotou ao Nuevo Nausti e logrou o seu segundo triunfo seguido. Sobresaíu a actuación do centrocampista Rober, autor de tres goles.

No grupo sur, desfíxose a igualdade tan ampla en canto a puntos das últimas xornadas. Dos seis equipos empatados hai dúas fins de semana, quedan agora dous na cabeza. O Castroverde e o Rubián resisten no máis alto. O cadro verde venceu con claridade ao filial do Taboada. Mentres que o Rubián derrotou pola mínima ao Carballedo.

O duelo máis directo da xornada finalizou en empate. Lemos B e Sober quedan agora un escalón por baixo ao igualar a un gol no Luis Bodegas. Pola súa banda, o Monterroso B non se quere desprender da zona alta. Volveu ao camiño da vitoria tras superar ao Relámpago. Os dous conxuntos de Taboada non foron quen de puntuar nas cinco xornadas de liga.

Imagen por defecto
Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

Artículos: 559

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.