Arden as fogatas e arde tamén o mercado do fútbol lucense. Na Terceira División, o porteiro Marcos Souto, o central Diego Muíña, o lateral Diego López e o dianteiro Sergio Arias seguirán un ano máis formando parte do Racing Vilalbés. Pola súa banda, un dos que foi capitán nas últimas temporadas, o lateral Álex, deixa o conxunto chairego. O xogador da capital lucense é novo futbolista do Somozas onde compartirá vestiario co ex-xogador do Racing, Gerardo Carrera.
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2017/05/outeiro_jorge_pereira-300x228.jpg)
Na Preferente Norte, o Escairón incorpora ao xoven mediocentro Carlos Inguza, procedente do Lemos. Ademais o Outeiro de Rei fixo oficial as renovacións do lateral esquerdo Lucas e do dianteiro Pereira. O Ribadeo confirmou unha renovación máis, a de Isma e tamén a incorporación de Aitor García, que vén dende o Racing Vilalbés xuvenil. Con eles xa son dezaseis os futbolistas que ten o cadro adestrado por Fiz Rodríguez.
Tamén na Mariña, pero na Primeira Galicia chegan dous novos xogadores para reforzar o Valadouro. Eloy Montero e Borja Ferreira que militaron no Alfoz esta temporada súmanse ao proxecto do Árbol no que, en principio está todo moi avanzado para que sigan Manolo e Felipe Varela. Por outra banda, Ayoub Sabry, que militou esta campaña tamén no Alfoz, será futbolista do Foz na Primeira Galicia o vindeiro ano.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)